Aberto Prazo Listas CELADORES/AS para o SERGAS ( persoas con discapacidade intelectual )

No Diario Oficial de Galicia , DOG do venres 13 de novembro de 2020 publicase a resolución pola que se  inicia o prazo de inscrición de aspirantes nas listas de selección temporal de persoal estatutario da categoría de celador/a , polo sistema de acceso reservado a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.

Reuisitos. entre outros: certificado de escolaridade ou equivalente.

 PRAZO INSCRICIÓN : Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 16 de novembro de 2020 ata o 15 de decembro de 2020, ambos incluídos.

Os méritos computables serán os causados ata o 30 de novembro de 2020, que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A solicitude dirixíirase a unha unidade de validación das relacionadas no formulario de inscrición e logo de formalizada electronicamente deberá presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos permitidos por lei .

Os méritos que non consten rexistrados en Fides/expedient-e na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes non serán obxecto de valoración neste proceso

BAREMO DE MÉRITOS: o baremo de aplicación é o correspondente á última convocatoria para o acceso á condición de persoal
estatutario fixo na categoría de celador/a, quenda de discapacidade intelectual, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 13 de marzo de 2018.

VER  DOG coa convocatoria e DOG coas bases   ABAIXO EN DOCUMENTO ADXUNTO