Aberto PRAZO LISTAS XUNTA: Contratación temporal de persoal laboral e nomemento persoal funcionario interino

No Dog  do venres 26 de febreiro de 2021,  publícase a orde pola que se regula o procedemento para a PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE INCLUSIÓN NAS LISTAS PARA O NOMEAMENTO DE PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO CON CARÁCTER TRANSITORIO DE PRAZAS RESERVADAS  A FUNCIONARIOS E A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (código de procedemento AP522T).

PERSOAS SOLICITANTES:

Poderán presentar solicitude todas aquelas persoas que queiran formar parte das listas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a cobertura temporal de postos reservados a persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal . Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia,incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, no caso de listas elaboradas que se encontren en xestión, exténdese dende o día 1 de marzo ata o 30 de abril de cada ano, e estas elabóranse no período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de decembro.

. DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR

1.- Solicitude de inscripción debidamente cubierta.  accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
As solicitudes  presentaranse preferiblemente por vía electrónica  igual quela documentación preceptiva, ou nos demais lugares previstos na Lei 39/2015, de 1 de octubre, do procedemento administrativo común das administracions públicas, xunto co resto da documentación requeiida.

2.- Xustificante de haber abonado as taxas administrativas  para o  ano  2021, de 18,04 €.

. Estarán exentas do pago

Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.

– Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría  especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%.

– Bonificación do 50%. Persoas que figuren como demandantes de emprego dende, polo menos, 6 meses antes da publicación da convocatoria (, dende polo menos o 1 de setembro de 2020) e, ademais, non estén percibindo prestación ou subsidio por desemprego na datas da  de presentación da solicitude.

Certificación expedida pola oficina de emprego ( cita en emprego.xunta.gal)  en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego, ininterrompidamente, desde polo menos seis meses antes da data da publicación da convocatoria no DOG, para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa.

. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal ( cita no Sepe)  en que conste que na data de presentación da solicitude non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego, para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa

3.- Certificado uo documento equivalente ao Celga 4 en las listas para los subgrupos A1, A2, C1, y grupos B, I, II e III; Celga 3 en las listas para el subgrupo C2 y grupo IV; Celga 2 para la agrupación profesional de funcionarios y grupo V, no expedidos por el órgano competente en materia de política lingüística.

4.- Titulación ou formación non académica exigida para cada grupo, categoría, corpo, escala o especialidade documentación acreditativa dos requisitos exigidos

5.- Certificado de discapacidade igual ou superior al 33%  do importe total da tasa.

ADXUNTANSE:

. DOGA COA RESOLUCION DA APERTURA DAS LISTAS

. DOG CO PROCEDEMENTO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

. LISTAXE COAS LISTAS ABERTAS