BASES Selección Alumnos/as e Persoal Directivo, Docente e Administrativo .OBRADOIRO DE EMPREGO MOAÑA MOZA II

 En data 1 de xullo recibiuse no Padroado Municipal Beiramar resolución de concesión de subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para a posta en marcha do obradoiro de emprego Moaña Moza II (para menores de 30 anos inscritos en Garantía Xuvenil)

Neste obradoiro de emprego, de 12 meses de duración, participarán 16 persoas menores de 30 anos como alumnado traballador, divididos en dúas especialidades formativas de 8 persoas cada grupo.

TEMPO LIBRE EDUCATIVO: 8 ALUMNOS/AS.

 Neste grupo formativo impartiranse 3 certificados de profesionalidade

Información xuvenil SSCE0109

Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil   SSCB0209

Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo.   SSCB0211

O servizo a desenvolver por este alumnado denomínase Dinamización de actividades infantís e xuvenís” e encargarase, en colaboración cos departamentos de cultura e mocidade, da dinamización das actividades de tempo libre para os nenos e adolescentes do Concello de Moaña. Reforzo de servizos da ludoteca, organización de actividades para a xuventude, obradoiros en colexios (maquillaxe, cómic…), organización de campamentos urbanos de nadal, verán e entroido…

ORGANIZACIÓN DE EVENTOS: 8 ALUMNOS/AS

 Neste grupo formativo impartiranse 2 certificados de profesionalidade:

  • Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais. SSCB0110
  • Animación físico deportiva e recreativa. AFDA0211

O servizo a desenvolver por este grupo de alumnos denomínase Organización e xestión de eventos” e encargaranse en colaboración cos departamentos de cultura, deportes e mocidade, de organizar e xestionar distintos eventos culturais e deportivos para o Concello de Moaña (feiras ecoartesás, festas, festivais, eventos deportivos…). Tamén está previsto ofrecer colaboración ás entidades culturais e deportivas do municipio para o organización dos seus eventos.

Trátase dun programa para menores de 30 anos que pretende formar a 16 persoas desempregadas en profesións con futuro

A selección de alumnos/as farase entre os candidatos enviados pola oficina de Emprego de Cangas .

O persoal alumnado traballador terá un contrato de traballo para a formación e percibirá un salario durante os 12 meses do obradoiro.

Está previsto que o obradoiro se inicie nos primeiros días de agosto.

 

VER BASES SELECCION  ALUMNOS /AS E SELECCION PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTES E ADMINISTRATIVO, ABAIXO EN DOCUMENTOS ADXUNTOS