Cambio Lugar realización do 2º exercicio proceso selectivo OFICIAL 1ª ALBANEL (OPE 2018). Concello de Moaña

CAMBIO DO LUGAR DE REALIZACIÓN DO SEGUNDO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE OFICIAL 1ª ALBANEL VACANTE NO CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO DE MOAÑA, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2018

O 15 de febreiro de 2021 publicamos a data e lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo arriba indicado.

Por temas operativos temos que cambiar o lugar de realización das ditas probas que se farán na nave de servicios do Concello de Moaña en Sanchilán, s/n Abelendo.

Recordamos de novo que para a realización do segundo exercicio da fase de oposición as persoas que obtiveron unha puntuación igual ou superior a 20 puntos deberán acudir con máscara, DNI e roupa de traballo o 24 de febreiro de 2021 ás 10:00 h ás instalacións indicadas anteriormente.