Convocatoria de SEIS OPERARIOS para o Concello de Porriño ( interinos)

No Diario Oficial de Galicia (Dog ), do mércores 14 de outubro de 2020,  publicouse a convocatoria para cubrir, en réxime de interinidade , seis prazas vacantes de operarios  para o  Concello de Porriño, para o departamento de vías, obras e servizos básicos 

As bases da convocatoria, xa foran publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (   Boppo)  do xoves, 16 de xullo de 2020 ,

Resúmese o mais relevante da convocatoria: 

Duración do contrato: contratación interina durará mentres perduren as circunstancias que determinan o nomeamento e contratación laboral temporal interina, non se cubran en propiedade ou se amorticen as devanditas prazas.

 REQUISITOS:

. Certificado de estudios primarios ou equivalente.

. Estar en posesión do permiso de conducción de clase B.

. Ter aboada a cantidade de 15,95 euros, polos dereitos departicipación no proceso selectivo

 PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da data de publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).  Ata o 3 de Novembro ,

SISTEMA DE SELECCIÓN: oposición

EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

Primeiro exercicio escrito, obrigatorio e eliminatorio: 20 preguntas con catro respostas alternativas, das que só unha será a correcta, de entre os temas do temario establecido no Anexo I

Segundo exercicio. Práctico, obrigatorio e eliminatorio: varias probas de execución práctica ou teórica acordes coas funcións dun operario de obras e servizos (electricidade, xardinería, albanelería, fontanería, etc.),

Terceiro exercicio escrito, obrigatorio e non eliminatorio, sobre coñecemento do idioma galego para os aspirantes non exentos . Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o título CELGA 2 ou equivalente

VER TEMARIO, SOLICITUDE . ETC,  NAS BASES  que se adxuntan  ( nas páxinas  13, 14 e 15  do Boppo )