No Dog do Venres, 12 de febreiro de 2021, pùblícase a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).
FORMA, LUGAR E PRAZOS DE PRESENTACIÓN
PRAZOS DE MATRÍCULA:
– Convocatoria de maio: 8 de marzo ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación
LUGAR MATRÍCULA:
En Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires 26, 36002 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo 23, 36003 Pontevedra.
En Vigo:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA O Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América 7, 36211 Vigo.
Exención da lingua galega As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro
REALIZACIÓN DAS PROBAS
As probas constarán de tres partes, correspondentes aos tres ámbitos. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 21 de maio e 10 de setembro de 2021 para as respectivas convocatorias.
A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.
Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación, que Comprenderá os exercicios de:
- Lingua galega e literatura
- Lingua castelá e literatura
- Lingua estranxeira (inglés ou francés).
CUALIFICACIÓN GLOBAL DA PROBA:
Os días 3 de xuño e 16 de setembro de 2021, no enderezo web https://www.edu.xunta.gal farase pública a listaxe de cualificacións provisionais de cada unha das convocatorias.
Contra a cualificación provisional poderase presentar reclamación ante a Presidencia do tribunal no prazo de cinco días hábiles tras a publicación da listaxe provisional.
. A definitiva a listaxe de cualificacións, será publicada os días 11 de xuño e 24 de setembro de 2021 no enderezo web https://www.edu.xunta.gal.
MAIS INFORMACION NO DOG QUE SE ADXUNTA