Cursos gratuitos de LINGUA GALEGA, preparatorios para obter os certificados dos CELGA 1, 2, 3 4 ( en liña e/ou presenciais )

No DOG do 3 de febreiro de 2021, , publica a convocatoria da Consellería de educación,  con carácter gratuíto,  de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, con código de procedemento administrativo PL600A.

Os cursos que se convocan na modalidade presencial relaciónanse no anexo II (niveis Celga 3 e 4) e os que se convocan na modalidade en liña relaciónanse no anexo III (niveis Celga 1, 2, 3 e 4).

Cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas

Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. ATA o 24 de febreiro de 2021

Inscrición: cubrir o formulario de solicitude,segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.

As solicitudes dos cursos en liña presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Mais información no Dog que se adxunta