DATAS PROBAS CERTIFICADOS LINGUA GALEGA (CELGA).

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA),

No  Diario oficial de Galicia DOG do  Mércores, 4 de maio de 2022. publicase a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia,  coas datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022, para as persoas inscritas nesta convocatoria.

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA),

. CELGA 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

28 de maio de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por alguna das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

29 de maio de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por alguna das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.

. CELGA 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 4 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas

. CELGA 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 5 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas

. CELGA 1, en Santiago de Compostela: 11 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas

 

Os centros e os horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias).

 Tamén se publicará, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta terá lugar o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha vez que remate a proba escrita.

Mia información no DOG que se adxunta e na web www.lingua.gal