FORMACION  GRATUITA. LABORA 2020. DEPUTACION DE PONTEVEDRA

FORMACION  GRATUITA. LABORA 2020. DEPUTACION DE PONTEVEDRA

A Deputación de  Pontevedra nos solicita a difusión dos itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 que esta entidade  pon en marcha coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE).

Os itinerarios formativos que temos previsto iniciar a partir do mes de maio son:

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución sociais
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio
  • Xestión de chamadas de teleasistencia
  • Docencia da formación profesional para o emprego.

 

Toda a formación é gratuíta e está destinada a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra que se atopen en algunha das seguintes situacións:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

 

Para solicitar a preinscrición son necesarios os seguintes pasos:

 

Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 dispoñen dunha axuda económica de 13,45€ por día de asistencia para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.

ver cartel  lugares de impartición  e teléfonos de contacto abaixo en documento adxunto