Listaxe de Contratación Persoal Laboral Temporal de TÉCNICO/A do Concello de Moaña ( para os Departamentos de Cultura, Deportes e outros)

BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFECCIÓN DUNHA LISTAXE DE CONTRATACIÓN PARA POSTOS DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL COA CATEGORÍA DE TÉCNICO/A DO CONCELLO DE MOAÑA

No Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra do 8 de marzo de 2021, publícanse as bases do procedemento de selección para confeccionar una listaxe que se utilizará para cubrir novas contratacións, baixas e substitucións temporais en casos excepcionais e de carácter urxente e inaprazable de persoal laboral temporal coa categoría de técnico/a para os departamentos de Cultura, Deportes, etc.

SISTEMA SELECCIÓN : concurso-oposición en quenda libre

PRESENTACIÓN SOLICITUDES :

Poderá facerse no Rexistro Xeral ou na Sede Electrónica do Concello de Moaña, ou en calquera das formas estabelecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello de Moaña deberán enviarse vía Fax ao Concello (986310104), debidamente seladas antes do fin do prazo para a presentación de solicitudes.

PRAZO: O prazo para presentar as solicitudes será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP. Ata o 18 de marzo

A vixencia desta listaxe será ata o 31 de decembro de 2025.

 

VER BASES NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE MOAÑA E/OU ABAIXO EN DOCUMENTO ADXUNTO