PROBAS ACCESO a Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grao Superior ( CM FP e CS FP)

No Dog do Martes, 9 de febreiro de 2021, publicase a convocatoriadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021  Códigos de procedemento ED312C e ED312D).

. PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO (ED312C).

Requisitos , entre outros ter dezasete anos ou  que os fagan no ano natural de celebración da proba

O Prazo de Presentación :  entre os días 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos

Solicitudes: anexo I,

dispoñible na aplicación informática«Ciclosprobas»(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020/21.

Realización da Proba: As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 27 de maio de 2021

 

.  PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR (ED312D).

Requisitos , entre outros , ter dezanove anos ou que os fagan no ano de realización da proba.

Solicitude  anexo II, 

Prazo de Presentación : entre os días 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na  aplicación informática«Ciclosprobas»(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do)

. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020/21. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas»  que  a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición

 As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 15 de abril de 2021

 

MAIS INFORMACIÓN  no Dog que se adxunta e /ou nos centros de Fp