PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL
No DOG do Xoves 5 de xaneiro de 2023, a Conselleria de Educación da Xunta de Galicia, publica a orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2023.
RESUMO DA ORDE :
Artigo 7 : Información e orientación sobre as probas de acceso: “Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e os centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso”.
Artigo 10: Conservación da cualificación das partes superadas: “Quen realizase a proba de acceso a ciclos formativos de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia nos anos 2021 ou 2022 e non a superase na súa totalidade poderá solicitar a conservación da cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco para esta convocatoria. En caso de solicitar a conservación, non poderá examinarse desa parte ou desas partes da proba”
CAPÍTULO II : PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO (ED312C)
REQUISITOS das persoas participantes: ter dezasete anos ou facelos no ano natural de realización da proba.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN, segundo o modelo do anexo I
. PRAZO DE PRESENTACIÓN do 27 de febreiro ao 10 de marzo de 2023.
.ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN PROBA DE ACCESO A GRAO MEDIO,
a) Parte sociolingüística:
– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas
c) Parte científico-técnica:
– Ciencias da Natureza.
– TecnoloxíaMatemáticas.
EXENCIÓNS VER Artigo 21 y 22
CALENDARIO:
. 17 de marzo: relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba:
. do 20 ao 24 de marzo: reclamacións contra a listaxe provisoria
. 12 de abril: relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba
. 25 de MAIO de 2023 : Realización da Proba de Acceso aos Ciclos de Grao Medio
. 5 de xuño: relación provisoria de cualificacións
. do 5 ata o día 9 de xuño: reclamacións contra a listaxe provisoria, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.
. 21 de xuño: A relación definitiva de cualificacións
CAPÍTULO III. PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR (ED312D)
. REQUISITOS das persoas participantes: ter dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba
PRAZO DE PRESENTACIÓN do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023, anexo II
ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN Proba de Acceso aos Ciclos de Grao Superior
a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá.
– Matemáticas
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e dos ciclos formativos a que posibilita o acceso, segundo se establece no anexo VII.
A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das cales desexe ser examinado:
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés) e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía.
EXENCIÓNS : VER Artigos 35 y 36
CALENDARIO:
. 10 de febreiro: relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba
. do 13 ao 17 de febreiro: reclamacións contra a listaxe provisoria no mesmo centro onde se realizase a inscrición
. 13 de marzo: A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba
20 DE ABRIL de 2023 Realización da PROBA DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO SUPERIOR
. 3 de maio: relación provisoria de cualificacións
. do 3 ao 9 de maio: reclamacións contra a listaxe provisoria, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.
. 1 de xuño : relación definitiva de cualificacións
PRESENTACION SOLICITUDES PROBAS ACCESO A CM e CS FP
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C ou ED312D), disponible na aplicación informática «Ciclosprobas» https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2022/23.O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C/ ED312D),que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
VER DOG ABAIXO EN DOCUMENTO ADXUNTO E OS ANEXOS con modelo solicitudes, exencións da totalidade ou partes das probas, etc