PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE PARA AS PERSOAS MAIORES DE 25 ANOS. Ano 2022

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE PARA AS PERSOAS MAIORES DE 25 ANOS,

CONVOCA: Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)

RESUME DAS BASES QUE SE ADXUNTAN

. QUEN SE PODE MATRICULAR: persoas que cumprisen ou cumpran 25 anos de idade no ano natural en que teña lugar a proba  e que non posúan ningunha titulación académica habilitada para acceder á universidade por outras vías

. PRAZO  MATRÍCULA: do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro

. IMPORTE DO PREZO DE MATRÍCULA para estas probas é de 63,67 euros.

 EXENCIÓNS no pagamento de prezos públicos por servizos administrativos

– Familia numerosa: categoría xeral: 31,84 euros

– Familia numerosa: categoría especialGratuíta

– Persoas con discapacidade (>= 33 %), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero. Gratuíta

– Beneficiarios das axudas ao persoal das universidades do SUG Gratuíta

. REALIZACIÓN DOS EXAMES

O alumnado matriculado ao abeiro da presente convocatoria realizará os exames da fase xeral, nun chamamento único, o venres 18 de febreiro, a partir das 8.30 horas, en Santiago de Compostela.

Os exames da fase específica realizaranse, en chamamento único, o venres 04 de marzo, a partir das 8.30 horas. O emprazamento das probas anunciarase na páxina Web da CiUG antes do 1 de febreir

. ESTRUTURA DA PROBA

A proba de acceso estrutúrase en dúas partes fase xeral e fase específica

FASE XERAL comprenderá os catro exercicios

  1. Comentario dun texto ou desenvolvemento dun tema xeral de actualidad
  2. Lingua castelá
  3. Lingua galega
  4. Lingua estranxeira (elixirase entre alemán, francés, inglés, italiano ou portugués)

Os candidatos e candidatas que acrediten a residencia fóra de Galicia poderán solicitar, no momento de se matricularen, a exención do exercicio de Lingua galega.

FASE ESPECÍFICA cinco opcións seguintes vinculadas coas cinco ramas do coñecemento:

Opción A. Artes e humanidades

Opción B. Ciencias

Opción C. Ciencias da saúde

Opción D. Ciencias xurídicas e sociais

Opción E. Enxeñaría e arquitectura

O alumnado ESCOLLERÁ no momento de matricularse a OPCIÓN de que se examinará na fase específica. A fase específica constará de dúas materias obrigatorias e dunha materia optativa

O candidato ou candidata superará a proba cando obteña un mínimo de cinco puntos na cualificación media final. Para o cálculo e consideración da nota media final, é imprescindible acadar unha puntuación en cada unha das dúas fases igual ou superior a catro punto

VER BASES ABAIXO EN DOCUMENTO ADXUNTO