PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE N2 E N3 .
No DOG do Martes, 10 de xaneiro de 2023, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da xunta de Galicia, convoca as probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A) .
As competencia Clave fan posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 que lles permitirá progresar no mercado laboral.
Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
– Comunicación en lingua galega.
– Comunicación en lingua castelá.
– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
– Competencia matemática.
As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son: competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega. A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira
REQUISITOS, entre outros: Maiores de 16 anos
.EXENCIÓNS E VALIDACIÓNS ás probas de avaliación VER ARTIGO 4
No anexo V desta resolución establécense as validacións por teren superado estudos regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave que se convocan
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES anexo I
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
PRAZO DE PRESENTACIÓN de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ( Ata o 11 de febreiro)
O lugar de realización das probas de avaliación en competencias clave publicarase na páxina web https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. O calendario da convocatoria inclúese no anexo II desta resolución
REALIZACIÓN DAS PROBAS será previsiblemente na segunda (2ª) quincena de maio
IMPORTANTE : Ver Anexo IV coas Exencións ás probas de galego
Adxúntase o DOG