PROBAS LIBRES CERTIFICACION GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMATICA. CODIX

No Dog do  Mércores, 14 de outubro de 2020,  a AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA publica a convocatoria das  probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (  CODIX)

CONTIDOS DA PROBA

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática » (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicación ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións

A rede CeMIT publicou na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema)os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación como material de apoio para a preparación destas probas

.  Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico

. Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.

. Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.

.  Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.

. Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress

SOLICITUDES:

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a tra­vés da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

O PRAZO PARA A INSCRICIÓN será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil,entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinteAta o 21 de OUTUIBRO 2020

Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante;serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.

 

Criterios de selección

As prazas dispoñibles en cada localidade asignaranse por orde alfabética entre as persoas preinscritas en tempo e forma, aplicando o resultado dun sorteo público que se realizará unha vez que remate o prazo de inscrición, e cuxo lugar e data de realización se publicitará na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).

Fase de matriculación

  1. As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio coas instrucións necesarias para proceder á súa matriculación.
  2. As persoas con dereito a matriculación deberán aboar, no prazo de cinco (5) días hábiles desde a data de publicación das listaxes provisionais, a taxa correspondente aos dereitos de exame, e serán excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa. dez euros con sesenta e tres céntimos (10,63 euros).

  Mais información no DOG que se adxunta