PROBAS LIBRES da ESO, para obter o título de Graduado en Educación Secundaria. Convocatoria Setembro Ano 2022

ESO POR LIBRE  CONVOCATORIA 2022

 No Dog  do mércores 16 de Febreiro de 2022,  publícase  a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

REQUISITOS, entre outros:

Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba

Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2021-2022

   FORMA, LUGAR E PRAZOS DE PRESENTACIÓN

PRAZOS DE MATRÍCULA:

– Convocatoria de SETEMBRO: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación

  LUGAR MATRÍCULA: 

En PONTEVEDRA:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires 26, 36002 Pontevedra.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo 23, 36003 Pontevedra.

En VIGO: 

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA O Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América 7, 36211 Vigo.

Exención da lingua galega As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro

REALIZACIÓN DAS PROBAS

As probas constarán de tres partes, correspondentes aos tres ámbitos. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde o día 2 de SETEMBRO de 2022 .

AMBITOS:

1º.- ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO. Das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do Ámbito Científico-Tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.

 2.- ÁMBITO SOCIAL Das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do Ámbito Social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.

3.-  ÁMBITO DA COMUNICACIÓN, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do Ámbito da Comunicación. Comprenderá os exercicios de:

  1. Lingua galega e literatura
  2. Lingua castelá e literatura
  3. Lingua estranxeira (inglés ou francés).

 CUALIFICACIÓN GLOBAL DA PROBA:

O 8 de setembro de 2022, no enderezo web https://www.edu.xunta.gal farase pública a listaxe de cualificacións provisionais de cada unha das convocatorias.

Contra a cualificación provisional poderase presentar reclamación ante a Presidencia do tribunal no prazo de cinco días hábiles tras a publicación da listaxe provisional.

A DEFINITIVA A LISTAXE DE CUALIFICACIÓNS,  será publicada o día 16 de setembro de 2022 no enderezo web https://www.edu.xunta.gal.

 NOTAS:

Ruta na web edu. xunta.gal : Ensinanzas persoas adultas,  educación secundaria, probas  para obtención de título

Ruta en patronatobeiramar.org ; debaixo da foto , en ofertas de emprego e formación

MAIS INFORMACIÓN : No DOG que se adxunta e/ou nos Centros de Matrícula