PROBAS PARA PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2, 3 E 4,  ANO 2022

PROBAS PARA PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2, 3 E 4,  ANO 2022

No Diario Oficial de Galicia DOG do Venres, 9 de setembro de 2022, publícase a  Resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificado de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

Resumo do DOG:

Obxecto.

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4, no ano 2022, con código de procedemento administrativo PL500C.

Datas de realización das probas. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de  ser o caso, na primeira de decembro de 2022, nal o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis. En Santiago de Compostela e/ou en Ponferrada

Presentación de solicitudes e prazo. Para anotarse hai que cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.  A contía da taxa para a inscrición nas probas é de 16,92 euros para cada un dos niveis.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. ATA 0 30 de setembro

Publicación dos resultados das probas. na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

MAIS INFORMACIÓN no  Dog que se adxunta