Proceso Selectivo Unitario Postos de AUXILIARES de POLICIAS LOCAIS e listaxe de Colaboración

No Dog do 8 de abril de 2021, publícanse as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local. 104 postos de auxiliares de policía local de varios concellos  e a creación da listaxe de colaboración para a súa contratación.

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES. Entre outros ,

. Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente

. Ter unha estatura mínima de 1,65 metros no caso dos homes e 1,60 metros no caso das mulleres.

SOLICITUDES. preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que é o anexo I desta orde.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. ATA  0 22 de Abril

. TAXAS: 26,46 euros (  ver exenciones do 100% ou do 50% no pto 3.2. 2 da orde no  DOG  que se adxunta)