PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL  XUVENIL GALAEUROPA. Convocatoria Subvencións Individuais

SUBVENCIONS INDIVIDUAIS PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL  XUVENIL GALAEUROPA

No DOG núm. 164  do Martes, 30 de agosto de 2022, a Consellería de Política Social e Xuventude publica  as bases para a concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS324A).

RESUMO DA ORDE:

Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións individuais para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, para a realización de prácticas formativas non laborais por persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (en diante, SNGX) en entidades ou empresas públicas ou privadas en países europeos, con cargo ao programa operativo de emprego xuvenil.

O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

. Ter feitos os 18 anos

. Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima  dun ano

. Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia na data de presentación da solicitude

O período de realización de prácticas formativas non laborais nas empresas ou entidades de países europeos será como mínimo de dous (2) meses e como máximo de tres (3) meses consecutivos

Serán gastos subvencionables para a realización das prácticas os relativos a manutención e aloxamento, seguros, gastos de desprazamento e transporte local no país de destino de prácticas das persoas mozas participantes, incluíndo a subvención para o apoio lingüístico.

 

SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Xustificación da subvención A xustificación da subvención presentarase con data límite do 15 de decembro de 2022, para o cal se achegará a  documentación, de acordo co previsto no artigo 7, e nos modelos que se publicarán e estarán ao seu dispor na páxina da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (http://xuventude.xunta.es).

MAIS INFORMACION NO DOG QUE SE ADXUNTA