Proxecto RELEVO 2: Achegamento do Sector Pesqueiro, Marisqueiro e Acuicola aos Centros de Ensinanza para o Relevo Xeracional

O Galp Ría de Vigo- A Guarda está a levar a cabo o  RELEVO2. no noso territorio.

Trátase dun proxecto de colaboración promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que van de seguido:

GALP A MARIÑA – ORTEGAL.

GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE.

GALP GOLFO ÁRTABRO SUR.

GALP RÍA DE AROUSA.

GALP RÍA DE PONTEVEDRA.

GALP RÍA DE VIGO – A GUARDA.

O que este proxecto pretende é trasladar ao alumnado dos centros de ensino, de xeito ameno, dinámico e práctico, as posibilidades que ofrece o sector pesqueiro para que mozos e mozas sexan coñecedores do que deben facer/estudar para entrar a formar parte do sector e constituír o verdadeiro relevo xeracional.

Ademais entre os seus obxectivos tamén se atopan:

  • Poñer en valor o sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar e/ou de escoller estudos superiores.
  • Valorizar o sector pesqueiro en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e dando a coñecer as saídas profesionais existentes no mesmo.
  • Ofrecer unha formación máis cuantitativa, que pretende achegar a realidade do sector pesqueiro en termos de oportunidades laborais, a fin de captar persoas que conformen ese relevo xeracional.

A iniciativa vai dirixida aos centros educativos de educación secundaria obrigatoria (concretamente a alumnado de 4º de E.S.O. ) que estean nalgún dos concellos que conforman os territorios dos GALP promotores.

O proxecto RELEVO 2_Mocidade Abordo trata de achegar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola ao alumnado de 4º de E.S.O. a fin de que coñezan as saídas profesionais e todo o que este sector lle ofrece na nosa comunidade.

Trátase dun programa a realizar nos diferentes IES interesados que se inscriban no que se poñerá en valor e se darán a coñecer os recursos do sector a disposición dos mozos e mozas para que poidan formarse e telos coma unha opción de futuro.

O programa abordará o desenvolvemento da ECONOMÍA AZUL e fará fincapé especialmente en:

  1. a) PESCA E ACUICULTURA
  2. b) TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN
  3. c) TURISMO E DEPORTES NÁUTICOS.

Dentro de cada un destes bloques haberá unha serie de contidos que se abordarán de xeito ameno e dinámico nas aulas, ben a través de sesións de formación e divulgación ou ben mediante a visita de diferentes persoas profesionais do sector.

A información detallada,  carteis e o formulario de inscrición atópanse no espazo web www.relevo2.org

Para máis información e contacto directo podedes contactar coa oficina do GALP do voso territorio ou directamente coa asistencia técnica do proxecto no email info@relevo2.org ou no número de móbil 633 33 54 63.

Asistencia Técnica Relevo2

www.relevo2.org