Selección de PERSOAL para a Oficina de INFORMACIÓN TURÍSTICA do Concello de Moaña 2021.

BASES XERAIS E CONVOCATORIA DA SELECCIÓN DE PERSOAL PARA A OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DE MOAÑA 2021.

RESUMO DAS BASES: 

As principais tarefas a realizar pola persoa técnica de turismo serán a difusión de información turís#ca local e atención aos visitantes, así como a mecanización de datos dos usuarios atendidos e a elaboración de memorias do traballo realizado.

Duración do contrato: 4 meses.

Presentación de instancias: Ata o día 7 de maio de 2021

Exercicios do proceso selec&vo: Día 18 de maio de 2021.

O procedemento selectivo será a través de oposición en quenda libre.

  • Primeiro exercicio. Exame tipo test. 80% da puntuación. Máximo 8 puntos

As preguntas versarán sobre as seguintes materias:

-Coñecemento dos recursos turísticos da provincia de Pontevedra.

– Coñecemento do Concello de Moaña e dos seus recursos turísticos.

  • Segundo exercicio. Entrevista persoal. 20% da puntuación. Máximo 2 puntos.

A entrevista versará sobre o seu currículo, obxec#vos profesionais, dispoñibilidade,coñecemento de idiomas, coñecemento dos recursos turís#cos da provincia e outras
cuestións  relacionadas coas tarefas a desenvolver.

 

MAIS INFORMACIÓN NAS BASES QUE SE ADXUNTAN E/OU NA SEDE ELCTRÓNICA DO CONCELLO DE MOAÑA