XORNADA Gratuita ” Oportunidades Laborais no Sector Pesqueiro”

Dende o concello de Cangas en colaboración co GALP (Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro) organízase unha xornada gratuita para todas as persoas interesadas en recibir información sobre oportunidades laborais no sector Pesqueiro.

Esta xornada está programada para celebrarse o próximo 14 de xuño ás 12.00 horas, na Casa de Oficios (Edificio Lorenzo Corbacho, Avda. de Bueu, nº 15, 1º) e terá unha duración estimada entre 90-120 minutos (aproximadamente).

Todas as persoas interesadas en participar, deberán inscribirse antes do día 31 de maio, facilitando os seus datos personais (nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto, correo electrónico e lugar de residencia) ben a través deste correo electrónico (orientacionlaboral@cangas.gal) ou ben a través do teléfono que consta ao pé desta mensaxe (986.301.371)

Prégase contactar o antes posible xa que as PRAZAS son LIMITADAS.

Solo poderán participar persoas inscritas residentes en Cangas ou Moaña, xa que o GALP Ría de Vigo – A Guarda abarca os seguintes concellos : Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.

VER CARTEL EN DATOS ADXUNTOS