Saúda do Presidente:
Para unha persoa moza é importante traballar nos principios de igualdade e benestar. Estar á fronte deste Padroado é un reto importante na miña vida política. Hoxe en día observamos como moita da nosa xuventude marcha de Galicia buscando unha oportunidade laboral que lamentablemente non ten na nosa terra.
O Patronato Municipal Beiramar é un centro de formación e emprego que ten como obxectivos principais a formación das persoas e achegarlles recursos que lles axuden a ter unha oportunidade laboral. Traballamos día a día na igualdade para que todas e todos teñan información, asesoramento e unha formación integral no noso centro e poidan camiñar con máis seguridade polo mundo laboral na procura dunha nova oportunidade ou, mesmo, da primeira experiencia de emprego.
Quero agradecer o labor desenvolvido polos traballadores e traballadoras do Patronato Municipal Beiramar que colaboran duramente coa Presidencia buscando novas oportunidades para as persoas desempregadas, axuda para a procura de emprego e o autoemprego, cursos formativos e novos obradoiros de emprego e formación nun mercado laboral cambiante.
Un saúdo.