AUXILIARES DE POLICIAS LOCAIS ( Proceso de selección unitario)
No Diario Oficial de Galicia, DOG do martes, 7 de abril de 2026, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento pr461a).
REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES: entre outros ter superada a educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente
SOLICITUDES: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, que é o anexo I desta orde (código de procedemento PR461A). Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia ( DOG). ATA o 21 de ABRIL
TAXAS: 26,99 euros ( VER pto 3.3.2do Dog . Exención e bonificación no aboamento da taxa)
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN. O procedemento de selección será o de oposición por quenda libre e posteriormente as persoas que superen este proceso selectivo serán con tratadas de reserva.
PROBAS SELECTIVAS. As probas selectivas son as que a continuación se describen, citadas na orde en que se deberán desenvolver:
1. Primeira proba: proba de avaliación de coñecementos: Nesta proba as persoas aspirantes deberán demostrar a súa preparación intelectual e o seu dominio dos contidos da totalidade do seguinte temario que figura no anexo III desta orde
2. Segunda proba: proba de avaliación do coñecemento da lingua galega Estarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que estean en posesión do título Celga 3 ou equivalente,
3. Terceira proba: probas de aptitude física.
RELACIÓN DE PRAZAS do proceso selectivo unitario VER ANEXO II ( Total 74 prazas , delas 6 en Moaña e 3 en Marín )
TEMARIO DA PROBA DE AVALIACIÓN DE COÑECEMENTOS VER ANEXO III
MAIS INFORMACIÓN : No DOG que se achea e nos seguintes medios:
a) https://sede.xunta.gal/portada
b) Páxina web da Agasp (https://agasp.xunta.gal/es).
c) Na dirección electrónica seleccion.agasp@xunta.gal
d) Nos teléfonos da Agasp 886 20 61 09, 886 20 61 16, 886 20 61 35 e 886 20 61 27.
e) No Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).
