Desde Galejobs, colaboramos cunha recoñecida empresa de fabricación metálica que, debido ao seu crecemento, quere sumar ao seu equipo de produción un/a Soldador/a CNC para traballar nos arredores de Vigo.
Que farás no teu día a día?
– Organizar e levar a cabo a ensamblaxe de pezas e estruturas.
– Interpretar planos técnicos e especificacións para garantir un traballo de calidade.
– Detectar e comunicar posibles melloras ou incidencias durante a fabricación.
– Seguir as ordes de traballo, asegurando a correcta secuencia de tarefas.
– Realizar controis dimensionales e elaborar informes de calidade.
– Executar soldadura TIG en aceiro inoxidable seguindo altos estándares de calidade e seguridade.
Ofrécese:
– Estabilidade e crecemento: Contrato temporal inicial con opción real de pasar a indefinido tras 12 meses.
– Recoñecemento da túa categoría: Peón ou especialista, segundo a túa experiencia e convenio.
– Quendas rotativas semanais de mañá (06:00 – 14:00) e tarde (14:00 – 22:00).
– Plan de desenvolvemento: Oportunidades de promoción interna segundo desempeño e compromiso.
– Un equipo próximo e profesional co que seguir crecendo.
Posto: Soldador/a CNC
Requisitos Mínimos
– Experiencia de polo menos 1 ano en soldadura TIG en aceiro inoxidable.
– Formación de Ciclo Medio ou Superior en estruturas metálicas, caldeiraría ou soldadura.
– Capacidade para interpretar planos e documentación técnica.
– Persoa proactiva, responsable e motivada, con ganas de achegar e aprender cada día.
Experiencia Mínima
1 ano.
Estudos Mínimos
Formación de Ciclo Medio ou Superior en estruturas metálicas, caldeiraría ou soldadura.
Máis info: