Convocatoria PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE N2 e N3. Ano 2026
No Diario oficial de Galicia, DOG do 14 de xaneiro de 2026, a Consellería de Emprego, Comercio Emigración da Xunta de Galicia, publica a convocatoria das PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE para o acceso ás accións formativas dos certificados profesionais de niveis 2 e 3 decualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR306A) para o ano 2026.
Ver no Dog posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificado profesionais.
COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN: Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
- Comunicación en lingua galega.
- Comunicación en lingua castelá.
- Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
- Competencia matemática.
A superación das probas de competencias clave permitirá o acceso á formación dos certificados profesionais do nivel correspondente.
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados profesionais que teñen un módulo profesional de lingua estranxeira.
Co obxecto de facilitar a PREPARACIÓN DESTA PROBA, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego pon á disposición da cidadanía, a través do Campus Virtual de Emprego, contidos formativos, probas e un servizo de titoría. As persoas interesadas poden acceder a eles, de forma gratuíta, na seguinte ligazón: https://conselleriaemprego. xunta.gal/formacion/competencias-clave/autoformacion-campus-virtual
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: segundo o modelo do anexo I desta resolución. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ( ATA o 13de FEBREIRO de 2026)
REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE .O lugar e horario de realización das probas de avaliación en competencias clave publicarase na páxina web https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.O calendario da convocatoria inclúese no anexo II desta resolución
PROBA ADICIONAL PARA AS PERSOAS ASPIRANTES CON TODAS OU ALGUNHA COMPETENCIA CLAVE PENDENTE DE SUPERAR.
Para todas a persoas participantes, inscritas e presentadas ás probas de competencias clave obxecto da presente convocatoria, ás cales despois da súa finalización lles quedase pendente de superar todas ou algunha das competencias clave, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego levará a cabo unha proba adicional que lles permitirá superar as competencias clave pendentes.
Todas as persoas interesadas en concorrer a esta proba adicional deberán manifestalo unha vez publicados os resultados definitivos e ata o 1 de setembro, a través dun correo electrónico dirixido a acreditacionsprofesionais.emprego@xunta.gal, indicando o seu nome e apelidos e o seu documento identificativo de identidade.
ANEXO II. CALENDARIO PREVISTO
REALIZACIÓN DA PROBA: Previsiblemente na segunda (2ª) quincena de maio
REALIZACIÓN DA PROBA ADICIONAL: Previsiblemente na primeira (1ª) quincena de outubro
MAIS INFORMACIÓN NO DOG QUE SE ACHEGA
