A Federación Galega de Piragüismo vai crear a primeira Rede galega de voluntariado náutico seguro, unha estrutura pioneira en Europa, e quere contar contigo.
Cada fin de semana Galicia acolle numerosas probas náuticas nas que temos que redobrar esforzos para cubrir as necesidades de contro le seguridade.
Por iso, coa axuda da Xunta, creamos esta Rede que permitirá formar a 100 persoas en cuestións de gran valía como prevención de riscos, primeiros auxilios, salvamento, rescate e habilitación para o manexo de embarcacións a motor.
O curso será totalmente gratuíto e haberá catro formacións básicas en cada provincia galega:
Pontevedra: 21 e 22 de marzo en Verducido.
A Coruña: 18 e 19 de abril en Rianxo.
Ourense: 9 e 10 de maio en Allariz.
Lugo: 13 e 14 de xuño en Lugo.
Ademais, levaremos a cabo unha formación superior entre finais de xuño e principios de xullo en Verducido para todos aqueles que queiran ampliar o seu coñecemento.
O curso abrirache moitas portas no deporte e en todos aqueles ámbitos que precisen experiencia de seguridade e control.
Para obter máis información escribe un mail a: voluntariado@fegapi.org e porémonos en contacto contigo de inmediato, ou inscríbete directamente no seguinte enlace:
