A Cruz Vermella organiza a Feira de Emprego Unindo Talento, que celebrará o 19 de maio, de 9:30 a 14:00, no Auditorio Mar de Vigo.
Trátase dunha xornada pensada para conectar a persoas en busca de novas oportunidades laborais con empresas comprometidas co talento e coa empregabilidade.
Durante a feira, terán a oportunidade de:
- Coñecer empresas interesadas en contratar novos perfís.
- Presentar o seu CV directamente a varias entidades.
- Participar en pequenas entrevistas e dinámicas de selección.
- Ampliar a súa rede de contactos profesionais.
Co obxectivo de facer unha boa organización da xornada, agradeceríamos que as persoas interesadas realicen a súa inscrición previa no seguinte enlace:
Contacto:
Laura García de la Rosa García. Área de Conocimiento de Empleo
| +34 986 423 666/Ext: 61505
| laura.garciadelarosa@cruzroja.es
| Vigo. C/ Teófilo Llorente, 8. 36202 Vigo.
