PROBAS CERTIFICADO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX) na Rede CeMIT,  niveis de INICIACIÓN E INTERMEDIO,

  • Formación
  • Galicia

PROBAS DE AVALIACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX) na Rede CeMIT,  niveis de INICIACIÓN E INTERMEDIO,

No Diario Oficial de Galicia (  DOG) do  Venres, 16 de xaneiro de 2026 a Axencia para A Modernización Tecnolóxica de Galicia, publica  a RESOLUCIÓN pola que se anuncian as convocatorias das PROBAS DE AVALIACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX) na Rede CeMIT, nos seus niveis de INICIACIÓN E INTERMEDIO, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2026.

DATAS E REALIZACIÓN DAS PROBAS

Nivel Convocatoria Días das probas Horarios Prazo de inscrición
Iniciación Febreiro

 

25, 26 e 27 10.00 h

12.00 h

16.30 h

Do 19 ao 28 de xaneiro

 

Intermedio Abril

 

28, 29 e 30 10.00 h

12.00 h

16.30 h

Do 16 ao 25 de marzo
Iniciación Xuño 17, 18 e 19 10.00 h

12.00 h

16.30 h

Do 4 ao 13 de maio

 

 

Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas, os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal cunha antelación mínima dun mes respecto da data de inicio das probas. As probas realizaranse de maneira presencial nas aulas da Rede CeMIT. As localizacións de cada aula pódense consultar na web https://cemit.xunta.gal/centros.

Co fin de facilitar a preparación das probas de certificación, ponse ao dispor das persoas interesadas material formativo de apoio. O acceso a estes contidos pode realizarse en calquera momento e estarán disponibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal

. SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN E PRAZO DE INSCRICIÓN

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización de cada prazo de inscrición. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

En cada convocatoria só se poderá presentar unha solicitude por persoa participante para unha aula, un día e unha hora a matriculación na presente convocatoria estará exenta do pagamento de taxas.

DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN: A proba de certificación para a obtención do certificado ComDix realizarase na plataforma habilitada para o efecto pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

 

 MAIS INFORMACIÓN NO DOG QUE SE ACHEGA E/OU NAS AULAS CEMIT DOS CONCELLOS