SEAGA( Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A) PRAZO Apertura e peche Listas Selección de Temporal: incorporación novos candidatos/as e actualización méritos das listas previas
No DOG, diario Oficial de Galicia do 30 de setembro de 2024,publícase o anunico de seaga da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A., polo que se fai pública a apertura de determinadas listas para a incorporación de novos/as candidatos/as ou actualización de méritos no sistema de listas previas para a selección de persoal temporal, así como o peche daqueloutras que contan cun excesivo número de persoas inscritas.
LISTAS QUE SE ABREN:
. Arquitectura
. Arquitectura Técnica
. Bioloxía
. Capataz.
. Ciencias Ambientais
. Ciencias do Mar
. Enxeñería Agrónoma
. Enxeñería de Camiños, Canles e Portos
. Enxeñería de Montes
. Enxeñería Técnica Agrícola
. Enxeñería Técnica Forestal
. Enxeñería Técnica de Obras Públicas
. Maquinista-condutor/a
. Técnico/a de Laboratorio
. Peón. Peón Especialista
. Xefe/a de Brigada
LISTAS QUE SE PECHAN:
. Auxiliar Administrativo/a
. Dereito
.Económicas
. Oficial Administrativo/a
. No caso de integrantes das listas previas que só desexen actualizar méritos, deberán achegar a documentación acreditativa dos mesmos que se axuste ao recollido nas bases específicas para a correspondente categoría profesional.
. No caso de novos/as candidatos/as, deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional se recolle no apartado “Solicitudes” das correspondentes bases específicas.
LUGARES DE PRESENTACIÓN ( VER BASES):
. En Pontevedra: Lugar Cabanas-Salcedo, nº 54, 36143-Pontevedra
. Nas oficinas do Organismo Estatal de Correos.
. Electrónicamente, desde a sede electrónica da Xunta de Galicia na dirección https://sede.xunta.gal Empregando o modelo co código PR004A
PRAZO dende o día 01 ata o 15 de outubro de cada ano. Non obstante, acórdase unha ampliación ata o 31 de outubro de 2024.
Mais información na web de Seaga: https://epseaga.com/gl/ofertas-emprego
Ver en documentos adxuntos Dog e bases