SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR PARTICIPANTE NO OBRADOIRO DE EMPREGO MOAÑA LABORA 2026
O proxecto está promovido polo Patronato Municipal Beiramar, organismo autónomo de formación e emprego do concello de Moaña, e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
AS PRAZAS DE ALUMNADO TRABALLADOR QUE SE CONVOCAN son:
10-prazas para a especialidade de atención sociosanitaria. Esta especialidade inclúe un certificado de profesionalidade:
– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio SSCS 0108 – Nivel 2
10-prazas para a especialidade de traballo forestal. Esta especialidade inclúe dous certificados de profesionalidade:
– Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes AGAR0309- Nivel 1
– Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas AGAR0208 – Nivel 2
Desde o inicio da súa participación no obradoiro de emprego, o alumnado traballador seleccionado será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación.
Os contratos de traballo serán a xornada completa e non poderán exceder a data de remate do obradoiro de emprego. O proxecto terá unha duración de 9 meses.
O alumnado traballador participante percibirá un salario de 1.424,50 euros brutos ao mes
REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES.Entre outros:
. Ser persoa desempregada e inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia,
. Ser persoa remitida como candidata para o posto de traballo de alumno/a traballador/a deste obradoiro de emprego pola oficina de emprego de Cangas
Realizada a sondaxe, a oficina de emprego comunicará aos candidatos a data e lugar no que deberán comparecer para realizar a SOLICITUDE que se publica como ANEXO I, e a achega imprescindible dos seguintes documentos:
– Fotocopia do DNI actualizado.
– Vida Laboral actualizada (aínda que non teña experiencia laboral).
– Acreditación da maior titulación académica adquirida ou, se é o caso, acreditación das competencias clave adquiridas .
– Se é o caso, acreditación da condición de vítima de violencia de xénero.
– Se é o caso, acreditación do grao e tipo de discapacidade.
– Se é o caso, acreditación de IPI (itinerario personalizado de inserción).
– Se é o caso, acreditación da situación de risco de exclusión social
SISTEMA DE SELECCIÓN.
O sistema de selección constará de dúas fases unha primeira fase de entrevista persoal e unha segunda fase de valoración das circunstancias persoais e profesionais das persoas candidatas.
PRAZOS.
Presentación de solicitudes: Día 18 de maio de 2026
Publicación provisional de persoas admitidas e excluídas: Día 19 de maio.
Alegacións á listaxe de persoas admitidas e excluídas: Día 20 de maio
Publicación definitiva de persoas admitidas e excluídas: Día 21 de maio .
Entrevistas persoais: Día 21 de maio .
Publicación dos resultados das entrevistas: Día 21 de maio.
Publicación da valoración de méritos; Día 22 de maio
Publicación dos resultados provisionais: Día 22 de maio
Alegacións aos resultados provisionais: Do 23 ao 25 de maio.
Publicación dos Resultados definitivos: 26 de maio
MAIS INFORMACIÓN NAS BASES QUE SE ACHEGAN
