SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “MOAÑA LABORA 2026”
O proxecto está promovido polo Patronato Municipal Beiramar, organismo autónomo de formación e emprego do Concello de Moaña, e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
POSTOS QUE SE CONVOCAN :
– 1 DIRECTOR/A. Xornada completa.
– 1 TITOR/A. Xornada completa.
– 1 DOCENTE TRABALLO FORESTAL. Xornada completa.
– 1 DOCENTE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA. ÁREA SANITARIA. Xornada parcial 20 horas semanais.
– 1 DOCENTE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA. ÁREA SOCIAL. Xornada parcial 20 horas semanais
– 1 AUXILIAR ADMIMNISTRATIVO/A . Xornada completa.
REQUISITOS DA PERSOAS ASPIRANTES:
. Requisitos Xerais: entre outros, Ser persoa candidata remitida pola oficina de emprego para o posto de traballo ao que pretende optar
. Requisitos Específicos: Os requisitos específicos para cada un dos distintos postos de traballo están establecidos nos documentos anexos a estas bases.
A posesión dos requisitos de acceso condicionará a admisión das persoas candidatas ao proceso selectivo. Pasarán ás fases de entrevista persoal e á de valoración de méritos unicamente, as persoas aspirantes que reúnan os requisitos esixidos para cada posto
O sistema de admisión de persoas candidatas realizarase a través de ofertas de emprego, unha por cada posto a cubrir, tramitadas ante a oficina de emprego de Cangas do Morrazo,
As ofertas de emprego serán obxecto de difusión a través do Portal de Emprego de Galicia durante un mínimo de dous días.
A oficina de emprego convocará ás persoas candidatas que resulten da dita sondaxe e comunicaralles a forma, lugar e prazo de presentación da documentación acreditativa dos seus méritos.
Unicamente serán admitidas ao proceso selectivo as persoas remitidas pola oficina de emprego.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
As persoas candidatas, a participar no proceso selectivo, deberán presentar a súa solicitude seguindo o modelo que acompaña a estas bases (Solicitude) xunto coa documentación que acredite o cumprimento dos requisitos específicos e a documentación necesaria para a valoración de méritos, na sede electrónica do Patronato Beiramar ou ben, con cita previa, no seu rexistro xeral.
Poderanse presentar solicitudes e documentación dende a publicación das presentes bases ata o día 13 de maio de 2026.
MAIS INFORMACIÓN NAS BASES QUE SE ACHEGAN
