PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE MOAÑA 2025/26.
O concello de Moaña vai por en marcha un programa integrado de emprego para mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das personas desempregadas.
Este programa está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
O programa integrado inclúe, entre outras, as seguintes accións:
. Información, orientación e asesoramento laboral,
. Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional
. Accións formativas deseñadas á medida das necesidades das entidades promotoras, das empresas colaboradoras e das persoas participantes no programa
. Técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora,
. Prospección de empresas, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes
. Prácticas profesionais non laborais
. Outras
Formación incluída no catálogo SEPE (Presencial):
1. Xestión básica do almacén, COML008PO 20 horas
2. Xestión E control, de compras e stock no almacén, COML011PO 30 horas
3.MANEXO De carretilla elevadora, COML001PO 30 horas
4.OPERATIVA De caixa-terminal punto de venda, COMT013PO 90 horas
5.FUNDAMENTOS De atención a clientela, COMT004PO 35 horas
6. Servizos básicos de barra na restauración, HOTR004PO 40 horas
7. Servizos básicos de sala na restauración, HOTR005PO 40 horas
8. Preparación do buffet, HOTR058PO 40 horas
Formación no incluída catálogo SEPE (Presencial)
1.TÉCNICAS Básicas de cociña presencial 80 horas
2.NIVEL Básico de prevención de riscos laborais (mixta) 60 horas
3.COMPETENCIAS Dixitais para a busca de emprego presencial 25 horas
4. A IA na busca de emprego presencial 25 horas
Teleformación:
1.MANIPULACIÓN De alimentos (2 edicións) FCOM01 10 horas
PERSOAS DESTINATARIAS: Os participantes deberán ser persoas desempregadas da Comarca do Morrazo (Moaña, Cangas e Bueu), inscritas no Servizo Público de Emprego, pertencentes os colectivos:
. Persoas desempregadas con discapacidade
. Persoas desempregadas migrantes cunha autorización de residencia temporal por arraigamenteo socioformativo
. Persoas desempregadas maiores de 52 anos
. Persoas menores de 30 anos desempregadas
. Persoas desmempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desempregoou renda activa de inserción (RAI).
. Mulleres desempregadas
. Persoas desempregadas inmigrantes
. Número de prazas: 100 persoas ( o obxectivo de inserción laboral deberá ser como mínimo do 35%)
Os programas integrados terán, en todo caso, unha duración de 12 meses.
BOLSAS DE ASISTENCIA ÁS PERSOAS PARTICIPANTES
Todas as persoas demandantes que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa consistente en 10 euros por cada día de asistencia ás distintas accións do programa.
AXUDAS Á CONCILIACIÓN
Co fin de mellorar as posibilidades de conciliación da vida familiar e laboral das persoas participantes, permitindo a súa asistencia ás distintas accións do programa, o Concello de Moaña aprobará Acordo para o establecemento e pago das axudas a conciliación para as persoas participantes ao Programa Integrado para o Emprego do Concello de Moaña 2025/26.
Terán dereito ás axudas de conciliación as persoas participantes en situación de desemprego con descendentes a cargo menores de 12 anos. que fagan uso de servizos de gardería ou ludoteca para poder asistir ás distintas accións do programa; formación, orientación laboral, prácticas en empresas e entrevistas de traballo.
INTERESADOS/AS PODEN PREINSCRIBIRSE NO SEGUINTE FORMULARIO:
https://forms.gle/2QjocZtGBAnw9uuBA
OU BEN ACUDIR AS NOSAS INSTALACIÓNS
