BOLSA DE TRABALLO CONSERXES SERVIZOS MULTIPLES.  Concello de Moaña- Patronato Municipal Beiramar.

  • Emprego Público
  • Moaña

BOLSA DE TRABALLO DE CONSERXES SERVIZOS MULTIPLES.  CONCELLO DE MOAÑA -PATRONATO MUNICIPAL BEIRAMAR

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra,  BOPPO nº11 do 17 de xaneiro de 2025, publicase a convocatoria do proceso selectivo para unha BOLSA DE TRABALLO DE CONSERXES DE SERVIZOS MÚLTIPLES para o Concello de Moaña e o Patronato Municipal Beiramar

RESUMO DAS BASES

BASES QUE REGULARÁN A CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFECCIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA O POSTO DE CONSERXE DE SERVIZOS MÚLTIPLES PARA O CONCELLO DE MOAÑA E O PATRONATO MUNICIPAL BEIRAMAR

SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN: instancia dirixida á Sra. Alcaldesa – presidenta da Corporación, segundo o modelo establecido na que constarán, polo menos, os datos persoais da persoa solicitante co seu enderezo, teléfono e a denominación da praza ou posto ao que opta.

As solicitudes presentaranse na Sede Electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello de Moaña achegando a seguinte documentación:. Orixinal ou copia do DNI e  Declaración xurada

O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES será de sete días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP ( ATA O MERCORES 22 DE XANEIRO DE 2025)

As solicitudes presentaranse segundo o indicado a continuación:

a) Presentación electrónica preferente

b) Presentación presencial opcional.

Procedemento selectivo OPOSICIÓN: A puntuación na fase de oposición será de 30 puntos por todos os conceptos,equivalentes ao 100% da puntuación total do proceso selectivo.

 OS EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN serán os seguintes: 

PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a un test de 20 preguntas  (30 minutos). Cualificarase cunha puntuación de 0 (cero) a 10 (dez) puntos, sendo necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 5 (cinco) puntos. Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará un terzo da puntuación de cada pregunta acertada e non se puntuarán as preguntas non contestadas

SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá nunha proba práctica que versará sobre os traballos, os materiais, a maquinaria, os EPI’s e as tarefas propias do posto de traballo ao que se pretende optar e relacionadas coas materias obxecto do temario. Cualificarase cunha puntuación máxima de 20 puntos, sendo necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 10 puntos.

O tribunal fará unha bolsa de traballo coa listaxe das persoas aprobadas, ordenada de maior a menor puntuación,  que servirá para efectuar os chamamentos ou contratacións temporais  necesarias, para substituír, cubrir baixas ou novos nomeamentos e permanecerá vixente ata que se desenvolva un novo proceso selectivo para crear unha nova unha bolsa de traballo para o posto de conserxe de servizos múltiples

VER TEMARIO NO ANEXO 1 DAS BASES  QUE SE ADXUNTAN