Saúda da Presidenta

Saúda da Presidenta:

Para unha persoa moza é importante traballar os principios de igualdade e benestar. Estar á fronte deste Padroado é un reto importante na miña vida política. Hoxe en día observamos como moita da nosa mocidade se vé na obriga de marchar de Galicia na busca dunha oportunidade laboral que lamentablemente non atopa na nosa terra.

Patronato Municipal Beiramar é un centro de formación e emprego que ten como obxectivos principais a formación das persoas e achegarlles recursos que lles axuden a ter unha oportunidade laboral. Traballamos día a día na igualdade para que todas e todos teñan información, asesoramento e unha formación integral no noso centro e poidan camiñar con máis seguridade polo mundo laboral na procura dunha nova oportunidade ou, mesmo, da primeira experiencia de emprego.

Quero agradecer o labor desenvolvido polas persoas traballadoras do Patronato Municipal Beiramar que colaboran estreitamente coa Presidencia buscando novas oportunidades para as persoas desempregadas, axuda para a procura de emprego e o autoemprego, cursos formativos e novos obradoiros de emprego e formación nun mercado laboral cambiante.

Un saúdo.