Formación e Emprego

1- Proxectos De Escolas - Obradoiro

Formación e emprego para menores de 25 anos

DEFINICIÓN E PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS:

As escolas - obradoiro son, pois, programas mixtos de formación e emprego que combinan a aprendizaxe teórica na aula co traballo real nunha obra ou servizo de interese social, co fin de que, ao seu termo, quen participe sexa capaz de desempeñar adecuadamente un oficio e sexa máis fácil o seu acceso ao mundo do traballo, xa sexa a través do emprego por conta allea ou mediante a creación de proxectos empresariais ou de economía social.
Estes proxectos de escola - obradoiro van dirixidos a mozos/as desempregados/as menores de 25 anos e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Os proxectos teñen unha duración de entre 12 e 24 meses. Durante os primeiros 6 meses o alumnado está exclusivamente en etapa de formación e non está contratado nin percibe salario, só unha axuda de custo polo desprazamento.
Durante o resto do proxecto, etapa de formación en alternancia co traballo, as e os participantes dispoñen dun contrato de traballo e dun salario igual ao 75 % do salario mínimo interprofesional mais dúas pagas extraordinarias.
Nos proxectos de escola taller pode impartirse formación en calquera especialidade profesional; construción, xardinería e medio ambiente, hostalaría, administración e xestión...
As especialidades profesionais impartidas ata o de agora nos proxectos de escola obradoiro do Patronato Municipal Beiramar foron: xardinería e traballo forestal, albanelería e cantería.
Ademais da formación profesional nunha especialidade, proporciónaselle ao alumnado participante:

- Práctica e experiencia profesional nas ocupacións nas que se formen.
- Coñecementos básicos en seguridade e saúde no traballo e en prevención de riscos laborais.
- Formación xeral para alcanzar os niveis de educación obrigatoria.
- Orientación laboral e Información sobre técnicas de busca de emprego.
- Asesoramento para o autoemprego e formación en xestión empresarial.
- Alfabetización informática.

Ademais desta formación, os alumnos e as alumnas reciben educación complementaria a través de charlas formativas, viaxes e visitas a empresas. Trátase de que, ademais de aprender unha profesión, adquiran a madurez persoal e profesional necesaria para que ao remate da escola poidan incorporarse ao mercado laboral.

1.1- Proxectos Históricos de Escolas Obradoiro

Proxectos de escola obradoiro desenvolvidos polo Patronato Municipal "Beiramar"

O Patronato Municipal "Beiramar" desenvolveu ó longo da súa historia catro proxectos de escolas obradoiro.

ESCOLA OBRADOIRO "MEDIO AMBIENTE - FORESTAL",1990:
Nesta escola obradoiro participaron un total de 60 alumnos traballadores, que se formaron na especialidade de medio ambiente e traballo forestal, xa que era a única especialidade que existía no proxecto.

ESPECIALIDADE ................................................Nº DE ALUMNOS
Medio ambiente - forestal ................................... 60

Para formar a estes 60 alumnos contratáronse dentro deste proxecto un director, un titor, 3 monitores docentes (un de medio ambiente, un de forestal e un de interpretación de planos), así como un administrativo.
As obras de utilidade pública e interese xeral que se realizaron neste proxecto de escola obradoiro foron a recuperación de diversos parques públicos do Concello de Moaña.
Este proxecto iniciouse no ano 1990 e aínda que se levou a cabo no que hoxe en día son as instalacións do Patronato Municipal “Beiramar”, en aquel momento dependía directamente do Concello de Moaña.

ESCOLA OBRADOIRO "BEIRAMAR", 1994:
Nesta escola obradoiro participaron un total de 30 alumnos traballadores, que se formaron na especialidade de medio ambiente e traballo forestal, xa que era a única especialidade que existía no proxecto.

ESPECIALIDADE ................................................Nº DE ALUMNOS
Medio ambiente - forestal ................................... 30

Para formar a estes 30 alumnos contratáronse dentro deste proxecto un director, un titor, 3 monitores docentes (un de medio ambiente, un de forestal e un de interpretación de planos), así como un administrativo.
As obras de utilidade pública e interese xeral que se realizaron nesta escola foron o acondicionamento de diversos parques e xardíns públicos do Concello, así como o inicio da construcción do Mirador da Fraga.
Este proxecto iniciouse no ano 1993 e tivo unha duración total de 24 meses. Aínda que o proxecto se levou a cabo no que hoxe en día son as instalacións do Patronato Municipal “Beiramar”, en aquel momento dependía directamente do Concello de Moaña.

ESCOLA OBRADOIRO "RÍO DA FRAGA", 1998:
Na Escola Obradoiro “Río da Fraga ” participaron un total de 40 alumnos
traballadores distribuidos nas seguintes especialidades.

ESPECIALIDADE ......................Nº DE ALUMNOS
Albanelería ................................ 11
Cantería ..................................... 12
Carpintería ................................. 10
Xardinería .................................... 7

Para formar a estes 40 alumnos contratáronse dentro deste proxecto un director, un titor, 7 monitores docentes (de albanelería, encofrado, cantería, carpintería, xardinería, orientación profesional e interpretación de planos) un administrativo e un conserxe.
As obras de utilidade pública e interese xeral que se realizaron neste proxecto de escola obradoiro foron; o acondicionamento do tramo urbano do Río da Fraga e a rehabitación da casa de cultura da Ameixoada.
Este proxecto tivo unha duración de dous anos, dende o 6 de Setembro de
1996 ata o 5 de Setembro de 1998.

ESCOLA OBRADOIRO "BEIRAMAR II", 2001:
Na Escola Obradoiro “Beirmar II” participaron 50 alumnos traballadores distribuidos nas seguintes especialidades:

ESPECIALIDADE ............................................Nº DE ALUMNOS
Albanelería ...................................................... 12
Cantería ........................................................... 10
Carpintería ....................................................... 10
Instalacións (fontanería e electricidade) ......... 10
Xardinería .......................................................... 8

Para formar a estes 50 alumnos contratáronse dentro deste proxecto un director, un titor, 9 monitores docentes (de albanelería, encofrado, cantería, carpintería, fontanería, electricidade, xardinería, debuxo técnico, e orientación para o emprego), e tamén un conserxe.
As obras de utilidade pública e interese xeral que se realizaron nesta escola obradoiro foron; a rehabilitación da casa de cultura de Verducedo e o acondicionamento do contorno da Illa de Samertolameu.
Este proxecto tivo unha duración de ano e medio, dende o 30 de Decembro de 1999 ata o 29 de Xuño de 2001.

2- Proxectos De Obradoiros De Emprego

Formación e emprego para maiores de 25 anos.

OBRADOIROS DE EMPREGO:

DEFINICIÓN E PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS:

Os Obradoiros de Emprego son tamén programas mixtos de formación e emprego, onde o alumnado traballador participante debe aprender un oficio ou profesión durante o programa, combinando a formación teórica nunha aula, co traballo real nunha obra ou servizo.

As e os participantes adquiren formación profesional e práctica laboral mediante a realización de obras ou servizos de utilidade pública ou interese social relacionados con novos xacementos de emprego, como servizos de utilidade colectiva, servizos de ocio e culturais e servizos personalizados de carácter cotián. É un programa dirixido a desempregados e desempregadas maiores de vintecinco anos; teñen preferencia as persoas con maiores dificultades de inserción laboral, como paradas de longa duración, maiores de 45 anos, mulleres e persoas con discapacidades que lles permitan traballar.

Estes programas teñen unha duración dun ano. As e os participantes dispoñen durante todo o programa dun contrato de traballo e dun salario, equivalente ao 150% do salario mínimo interprofesional mais dúas pagas extraordinarias.
Nos proxectos de obradoiro de emprego pode impartirse formación en calquera especialidade profesional; construción, xardinería e medio ambiente, hostalaría, administración e xestión...

Simultaneamente coa formación e a experiencia profesionais proporciónase formación e asesoramento noutras áreas como: prevención de riscos laborais, orientación laboral, asesoramento para o autoemprego, informática básica... O obxectivo último é posibilitar a inserción das persoas no mercado laboral, ben sexa atopando traballo por conta allea en empresas, ou ben mediante a creación da súa propia empresa por parte das e dos participantes.

2.2- Proxectos históricos de Obradoiros de Emprego

Obradoiros de emprego desenvolvidos polo Patronato Municipal "Beiramar".

O Patronato Municipal ten organizado e xestionado ata a actualidade tres proxectos de obradoiros de emprego: o obradoiro de emprego “Río da Fraga II”, o obradoiro de emprego “Río da Fraga- O Beque” e o obradoiro de emprego “O Cruceiro”.

OBRADOIRO DE EMPREGO "RÍO DA FRAGA II"

No Obradoiro de Emprego “Río da Fraga II” participaron un total de 40 alumnos traballadores distribuídos nas seguintes especialidades.

ESPECIALIDADE ............................................ Nº DE ALUMNOS
Albanelería ........................................................ 8
Cantería ............................................................. 9
Carpintería ......................................................... 7
Instalacións (fontanería e electricidade)........... 7
Traballador forestal - Medioambente ............... 9

Para formar a estes 40 alumnos contratáronse dentro deste proxecto un director, un titor, 7 monitores docentes (de albanelería, cantería, carpintería, fontanería, electricidade, traballo forestal e interpretación de planos) un administrativo e un conserxe.

A obras de utilidade pública e interese xeral que se realizaron neste obradoiro foron; a 1ª fase da construción da ruta de sendeirismo e recuperación de varios muíños de río no Río da Fraga, a construción do restaurante e axardinamento do seu entorno no Complexo Hostaleiro Deportivo do Beque e a instalación dunha fonte cibernética visitable no paseo marítimo de Moaña. Este proxecto tivo unha duración dun ano, dende o 28 de Decembro de 2001 até o 27 de Decembro de 2002.

OBRADOIRO DE EMPREGO "RÍO DA FRAGA - O BEQUE".

No Obradoiro de emprego “Río da Fraga- O Beque” participaron 50 alumnos traballadores distribuídos nas seguintes especialidades:

ESPECIALIDADE ...................................................Nº DE ALUMNOS
Albanelería ............................................................. 12
Cantería .................................................................. 12
Carpintería ............................................................... 9
Instalacións (fontanería e electricidade).................. 9
Traballador forestal.................................................. 8

Para formar a estes 50 alumnos contratáronse dentro deste proxecto un director, un titor, 9 monitores docentes (de albanelería, cantería, carpintería, instalacións, traballo forestal, interpretación de planos, reforzo educativo, informática básica e orientación para o emprego), un administrativo e un conserxe- condutor. As obras de interese público realizadas polos alumnos deste proxecto foron a construción dun albergue e acondicionamento do seu entorno no Complexo Hostaleiro Deportivo do Beque, así como o remate do acondicionamento da Ruta de Sendeirismo do Río da Fraga.

Este proxecto tivo unha duración dun ano, dende o 30 de Xuño de 2003 até o 29 de Xuño de 2004.

OBRADOIRO DE EMPREGO “O CRUCEIRO”

No Obradoiro de Emprego “O Cruceiro” participaron un total de 53 alumnos - traballadores distribuídos nas seguintes especialidades:

ESPECIALIDADE ............................................. Nº DE ALUMNOS
Albanelería ........................................................ 13
Cantería ............................................................. 13
Carpintería ......................................................... 12
Instalacións (fontanería e electricidade)............10
Traballador forestal ........................................... 10

Para formar a estes 53 alumnos contratáronse dentro deste proxecto un director, un titor, cinco monitores docentes (de albanelería, cantería, carpintería, electricidade e fontanería, e traballo forestal) e un administrativo. A obras de utilidade pública e interese xeral que se realizaron neste obradoiro foron: acondicionamento do entorno do adro da Igrexa de San Martiño; a conservación da Casa da Cultura de San Martiño; a ruta de sendeirismo do Río da Freixa e a recuperación do Muíño do Souto; e a reforma e ampliación do Patronato Municipal “Beiramar”.

Este proxecto tivo unha duración dun ano, dende o 29 de Decembro de 2005 até o 28 de Decembro de 2006.

2.3- Proxectos actuais de Obradoiros de Emprego

Proxectos actuais de obradoiro do Patronato Municipal "Beiramar"

O pasado 21 de decembro o Patronato Municipal “Beiramar” deu comezo o Obradoiro de Emprego “Rectoral de San Martiño”, que levará a cabo a rehabilitación e acondicionamento da antiga casa reitoral desta mesma parroquia e o seu entorno, ca finalidade de ser destinada a Centro Municipal de atención á terceira idade.

Este ambicioso proxecto, promovido polo Patronato, terá unha duración de un ano, está cofinanciado pola Consellería de Traballo mediante subvención global e conta cunha aportación da propia entidade promotora.

Neste novo obradoiro, que está dirixido e coordinado por un equipo técnico conformado por unha directora, unha titora, unha auxiliar administrativa e tres docentes, participan un total de 32 alumnos (27 mulleres e 5 homes), maiores de 25 anos que se formarán en tres especialidades distintas: albanelería, cantería e instalacións (electricidade e fontanería).

Estes/as alumnos/as - traballadores/as recibirán tamén formación complementaria en: “Orientación, asesoramento, información profesional e xestión empresarial”, “Iniciación á informática”, “Sensibilización ambiental”, “Prevención de riscos laborais” e “Igualdade de xénero”, ademais de dotar, a aqueles que non alcanzasen os obxectivos mínimos das ensinanzas regradas, dos medios necesarios para a súa consecución.

Polo tanto este obradoiro de emprego configúrase como un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade destas 32 persoas que estaban desempregadas, mediante unha cualificación profesional para a súa posterior inserción laboral, ao mesmo tempo que desenvolven un traballo que ten unha importancia social, arquitectónica e cultural xa que van recuperar parte do patrimonio artístico do Concello de Moaña.

Distribución dos alumnos do O.E. "Rectoral de San 
 
ESPECIALIDADES Nº DE ALUMNOS
Albanelería 10
Cantería 12
Instalacións 10

OBRADOIROS DE EMPREGO

DEFINICIÓN E PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS:

Os Obradoiros de Emprego son tamén programas mixtos de formación e emprego, onde o alumnado traballador participante debe aprender un oficio ou profesión durante o programa, combinando a formación teórica nunha aula, co traballo real nunha obra ou servizo.

As e os participantes adquiren formación profesional e práctica laboral mediante a realización de obras ou servizos de utilidade pública ou interese social relacionados con novos xacementos de emprego, como servizos de utilidade colectiva, servizos de ocio e culturais e servizos personalizados de carácter cotián.

É un programa dirixido a desempregados e desempregadas maiores de vintecinco anos; teñen preferencia as persoas con maiores dificultades de inserción laboral, como paradas de longa duración, maiores de 45 anos, mulleres e persoas con discapacidades que lles permitan traballar.

Estes programas teñen unha duración dun ano.

As e os participantes dispoñen durante todo o programa dun contrato de traballo e dun salario, equivalente ao 150% do salario mínimo interprofesional mais dúas pagas extraordinarias.
Nos proxectos de obradoiro de emprego pode impartirse formación en calquera especialidade profesional; construción, xardinería e medio ambiente, hostalaría, administración e xestión...

Simultaneamente coa formación e a experiencia profesionais proporciónase formación e asesoramento noutras áreas como: prevención de riscos laborais, orientación laboral, asesoramento para o autoemprego, informática básica...

O obxectivo último é posibilitar a inserción das persoas no mercado laboral, ben sexa atopando traballo por conta allea en empresas, ou ben mediante a creación da súa propia empresa por parte das e dos participantes.

3- Programas integrados para o emprego

Información, orientación, formación ocupacional e prácticas laborais en empresas.

Os Programas Integrados para o Emprego combinan accións de diversa natureza tales como a orientación e asesoramento laboral, formación e prácticas laborais. Ademáis de recibir orientación na búsqueda de emprego, as e os participantes realizan un curso de formación ocupacional e posteriormente e de forma voluntaria poden realizar prácticas profesionais en empresas.

O obxectivo principal do programa é que as persoas participantes adquiran coñecementos no desempeño dunha profesión e unha certa experiencia profesional, ademáis de mellorar as súas perspectivas de inserción laboral. Son programas dirixidos aos desempregados e desempregadas que se sinalan como prioritarios na definición anual do Plan de acción para o emprego (persoas con discapacidade, persoas desempregadas en risco de exclusión social, mulleres con condición de vítimas de violencia doméstica, menores de 30 anos con baixa cualificación, perceptores de subsidios e prestacións por desemprego, entre outros colectivos).

Os programas teñen unha duración de 12 meses na actualidade.

Durante a súa participación no programa o alumnado percibe unha pequena axuda económica para os desprazamentos por asistencia a cursos e prácticas.

Estes programas están subvencionados na actualidade pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciados polo Concello de Moaña.

Tanto o Patronato Municipal Beiramar como o Concello de Moaña puxeron en marcha nos últimos anos varios programas integrados (antigamente denominados experimentais), nos que algunhas das especialidades formativas impartidas foron as seguintes:

- Soldadura polos procedementos MAG, MIG E TIG. 
- Carretilla elevadora e loxística de almacén. 
- Caixa e Reposición en Espazos Comerciais. 
- Axudante de Cociña. 
- Moldeado - laminado de poliéster reforzado.
- Tapicería de móbeis en barcos.
- Mecánica e montaxe de motores navais.
- Carpintería de madeira e aluminio.