PRAZO DE PRESENTACIÓN  SOLICITUDES  LISTA DE PERSOAL INTERINO. Escala Auxiliar  Servizo   Prevención e Defensa Contra  Incendios  Forestais. Especialidade BOMBEIRO FORESTAL XEFE BRIGADA-CONDUTOR DE MOTOBOMBA,EMISORISTA/VIXILANTE/A FIXO/A.

  • Emprego Público
  • Galicia

PRAZO DE PRESENTACIÓN  SOLICITUDES  LISTA DE PERSOAL INTERINO. Escala Auxiliar  Servizo   Prevención e Defensa Contra  Incendios  Forestais. Especilidade BOMBEIRO FORESTAL-CONDUTOR DE MOTOBOMBA, SubgrupoC2

AP522T – INCLUSIÓN NAS LISTAS PARA A COBERTURA TEMPORAL DE POSTOS.

Prazo de presentación: ABERTO

16/01/2025 00:00 – 05/02/2025 23:59

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das seguintes listas para o nomeamento de persoal funcionario interino conforme o establecido no artigo 6.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo:

. Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, ESPECIALIDADE DE BOMBEIRO FORESTAL XEFE DE BRIGADA.

. Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, ESPECIALIDADE DE EMISORISTA/VIXILANTE/A FIXO/A.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN

Solicitudes  .

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria coa solicitude (anexo I)  , entre outra  .

. Titulación ou formación non académica exixida para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, documentación acreditativa dos requisitos legalmente exixidos para participar na convocatoria pública das correspondentes probas selectivas ou, se é o caso, dos establecidos nas resolucións de aperturas de listas que non figuren enumerados no artigo 6.

.Certificado ou documento equivalente ao Celga 4 nas listas para os subgrupos A1, A2, C1 e grupos B, I, II e III; ao Celga 3 nas listas para o subgrupo C2 e grupo IV e, finalmente, ao Celga 2 para a agrupación profesional de funcionarios e grupo V,

. Xustificante de ter aboadas as taxas administrativas por dereitos de inscrición ou, se é o caso, documentación xustificativa para a exención, total ou parcial, do pagamento das taxas (código da taxa 05/13/07/300301).

. Para a acreditación dos méritos a que se refire o artigo 9.bis, letra a), ordinal 2º, do Decreto 37/2006, servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables, nas listas das categorías pertencentes aos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais, certificación de servizos prestados segundo o modelo que figura no anexo II desta orde, debidamente cuberta, polo persoal funcionario que se determina no citado anexo.

. Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % non expedido pola Administración autonómica de Galicia, para a acreditación da exención do importe total da taxa.

. Sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima do terrorismo, para a acreditación da exención do importe parcial da taxa (50%).

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

 A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

COMPROBACIÓN DE DATOS  .

  1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE.

– Título/s oficial/oficiais non universitario/s.

– Título/s oficial/oficiais universitario/s.

Documento xustificativo de estar en posesión dos  Celgas correspondentes , expedidos polo órgano competente en materia de política lingüística.

– Certificación de empadroamento, para a acreditación dos méritos a que se refire o artigo 9.bis, letra b), do Decreto 37/2006, Coñecemento do terreo, nas listas das categorías pertencentes aos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente, consonte o artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia:

Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % expedido pola Administración autonómica de Galicia, para a acreditación da exención do importe total da taxa.

-Certificado de familia numerosa de carácter especial ou xeral, ou carné familiar en que conste o dito carácter, para a acreditación da exención do importe total da taxa ou do 50 %, respectivamente.

Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego, ininterrompidamente, desde polo menos seis meses antes da data da publicación da convocatoria no DOG, para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa,

Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego, para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.