AIXOLA, centro de formación dependente da Consellería do Mar, xestionado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, vai impartir novos cursos para o segundo semestre.
As formacións son totalmente gratuitas, cofinanciada polos fondos FEMPA (Fondos Europeos Marítimo de Pesca e Acuicultura).
As formacións teñen un carácter práctico, seguindo a idea de “aprender facendo”, e non precisan titulación mínima para realizarse e pode acceder a ela persoas maiores de idade, tanto estudantes, persoas desempregadas como traballadoras ou de baixa (sempre que sexa compatible co curso).
Ofertamos 12 prazas en cada un dos cursos que son presenciais no CF A Aixola (Porto de Marín)
ABERTA A PREINSCRIPCIÓN PARA AS SEGUINTES FORMACIÓNS:
-OPERACIÓNS AUXILIARES DE ACONDICIONAMENTO INTERIOR DE EMBARCACIÓNS: TAPICERÍA E MADEIRA (350 horas)
Nesta formación apréndese a realizar instalacións en madeira para o interior de embarcacións, empregando técnicas tradicionais e tamén as últimas imnovacións, para aillamento, instalación de mamparos e outros elementos interpretando planos, así como diversas técnicas e máquinas de coser, para realizar tapizados de elementos náuticos.
-OPERACIÓNS AUXILIARES DE ARBOLADURA: MASTROS E VELAS (200 horas)
Formación para o coñecemento e montar desmontar diversos componentes da arboradura náutica, o seu mantemento así como operacións básicas de reparación de velas.
-OPERACIÓNS BÁSICAS DE INFUSIÓN E BALEIRO EN COMPOSITES (300 horas)
Introducción a unha das técnicas máis novedosas de creación de pezas en poliester para o sector náutico e a acuicultura, incluindo a preparación de moldes e o proceso de infusionado ao baleiro, cun menor gasto de material e maior seguridade nos traballos.
-PROCESOS BÁSICOS DE PLÁSTICOS TÉCNICOS APLICADOS AO SECTOR MARIÑO (200 horas)
Curso introductorio a traballos con plásticos técnicos, onde se coñecen diversos materiais e usos, con técnicas de soldadura en plástico e aplicación tanto en tuberías plásticas de construcción naval como en instalacións de acuicultura (xaulas e instalacións en tanques) así como reparacións de embarcacións con polipropileno.
-ACTIVIDADES AUXILIARES EN DIAGNOSE E POSTA A PUNTO DE FORA BORDA MENORES DE 30 CV (220 horas)
Unha formación básica en mecánica orientada á diagnose de faios máis comúns e posta a punto de motores fora borda de pequena potencia (ata 30 Cv)
-INTRODUCIÓN Á CARPINTERÍA NÁUTICA CON CONTROL NUMÉRICO (CNC) (70 horas)
Formación que introduce no deseño mediante programación e corte de pezas de madeira mediante máquina de Control Numérico Computerizado, aplicado a carpintería naval.
Máis información e preinscripción:https://aixola.cetmar.org/oferta-formativa-2026/
CONTACTO:
Suso Iglesias Rodríguez. Técnico de coordinación – Centro de Formación A Aixola
Porto Pesqueiro s/n – E-36900 – Marín (Pontevedra)
Tel. +34 886 206 915
