Formación ocupacional

Historia

Antecedentes dos Programas de Formación Ocupacional

A Formación Profesional Ocupacional ofrece accións de formación gratuíta para persoas desempregadas, co fin de que reciban unha formación de calidade que mellore as súas posibilidades de emprego. Proporciona tanto unha formación inicial que prepare para o desempeño dunha ocupación ou dun posto de traballo, como formación de incremento de cualificación, de recualificación ou de adaptación concreta a un posto de traballo.

A Impartición de cursos de formación ocupacional (AFD), accións formativas para persoas desempregadas, subvencionadas pola Xunta de Galicia, forman un dos programas importantes que o Padroado desenvolve anualmente.

O Padroado como Centro de Formación Ocupacional do Morrazo. Periódicamente amplía e adecúa as súas instalacións para poder homologar novas especialidade de acordo cos cambeos producidos no mercado laboral. Amplía e reforza a oferta formativa de cara a integrar aqueles colectivos que teñen unha maior dificultade.

Especialidades Homologadas

Na Actualidade O Patronato Conta con 34 Certificados de Profesionalidade homologados.

Especialidades Homologadas polo Patronato

Inscripcións

A Ficha de Demanda Formativa contén a oferta formativa programada. Os datos actualizase en cada exercicio e están publicados na páxina principal do Padroado xunto coa FICHA DE DEMANDA FORMATIVA.

 

Política de Calidade:

O PATRONATO MUNICIPAL BEIRAMAR ten implantado o Sistema de Xestión da Calidade, certificado pola Entidade Bureau Veritas S.L., baixo os requisitos e directrices da Norma UNE-EN ISO 9001:2015.

ANEXO III - POLÍTICA DA CALIDADE