Programa de  AUTOFORMACIÓN e  PROBAS para a obtención do CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS COMDIX no seu nivel de iniciación.

  • Formación
  • On Line

Convocatoria Programa de  AUTOFORMACIÓN e  PROBAS para a obtención do CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS COMDIX no seu nivel de iniciación.

No DOG  do Luns, 2 de setembro de 2024, publícase a CONVOCATORIA do Programa de autoformación e das probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix no seu nivel de iniciación.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ten entre as súas funcións favorecer un contexto dixital en que a cidadanía poida acadar, actualizar e mellorar as súas competencias dixitais, en liña cos cambios e os usos tecnolóxicos que se integren na sociedade.

. REQUISITOS, entre outros , alta como usuario/a da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal).

O acceso aos contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal

O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de certificación reguladas no anexo II nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

A matriculación na presente convocatoria estará exenta do pagamento de taxas.

 O certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación regulada no anexo I, mediante un exame final presencial

Convócanse dúas (2) edicións de PROBAS de certificación presencial, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario:

O PRAZO PARA A INSCRICIÓN estará aberto para as dúas (2) edicións

EDICIÓN DE OUTUBRO:

Data límite de inscrición: ata o 18 de setembro, inclusive

Probas o 23, 24 e 25 de outubro

EDICIÓN DE NOVEMBRO

Data límite de inscrición: ata o 18 de outubro, inclusive.

Probas: 20, 21 e 22 de novembro.

 

Lugares e datas de realización das probas para a obtención do certificado ( ANEXO III)

Estas probas terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade, nos días e horas que se relacionan, e co número de prazas dispoñibles que se corresponden coa capacidade de cada aula.

 MAIS INFORMACIÓN NO DOG QUE SE ADXUNTA