Asesoramento Emprendedores

1- Servizo de Asesoramento a Emprendedores

Dirixido a aquelas persoas que están pensando en crear a súa propia empresa.

Este é un servizo que pretende prestar información, asesoramento e axuda a todas aquelas persoas que están pensando en crear a súa propia empresa:

Os principais servizos que se prestan son, desglosados, os seguintes:

- Información sobre as distintas formas xurídicas existentes, e información e axuda nos trámites de constitución da empresa.

- Análise da viabilidade da idea empresarial e realización do plan de empresa.

- Información sobre as axudas existentes á creación de empresas, axuda na tramitación de subvencións, información sobre posibles fontes de financiamento para o proxecto.

- Información sobre axudas á contratación de traballadores.

- Acompañamento técnico nas primeiras etapas de vida da empresa.

1.1- Formas Xurídicas

Formas xurídicas máis habituais para crear unha empresa.

Descarga PDF: Formas xuridicas

1.2- Axudas á Creación de Empresas

Axudas máis habituais para crear unha empresa

1.2.0- Programa De Axuda A Autónomos

Axudas para constituirse como traballador autónomo.

¡OBXECTO: Subvencionar a constitución como autónomos ou alta en mutualidade de colexio profesional de persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, sempre que:

- Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
- Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional.
- Non percibisen subvencións de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores.
- Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as nos 3 meses inmediatamente anteriores.

Os traballadores autónomos poderán ser beneficiarios destas axudas cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís sempre que as soliciten a título persoal.

TIPOS DE AXUDA.

1. Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, para facilitar no inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado fixo por importe mínimo de 3.000 euros (sen IVE) realizado entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 posteriores. As contías desta subvención serán as seguintes:
Cadro A.
- 5.000 euros para desempregados en xeral.
- 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
- 7.000 euros para mulleres desempregadas.
- 7.500 euros para emigrantes retornados e traballadores procedentes de empresas en crise, desempregados de longa duración, e traballadores procedentes de empresas e sectores de actividade en reestruturación.
- 8.000 euros para persoas desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
- 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.

2. Subvención financeira de redución de xuros de préstamos necesarios para a constitución como autónomo. como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar inmobilizado fixo, podendo destinarse ata un 25% a activo circulante. Deberá acreditarse un investimento en inmobilizado fixo mínimo de 3.000 euros (sen IVE) realizado entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 posteriores. Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo.

Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, sen que o tipo de xuro final que deba satisfacer o beneficiario, poida resultar inferior a un punto. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo.O importe máximo desta subvención non poderá superar as contías reflectidas no cadro A anterior.

No caso de microcréditos concedidos polo ICO ou por outras entidades de crédito a persoas desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social, a subvención poderá ser o custo total dos gastos financeiros, cos límites máximos sinalados anteriormente.

3. Subvención para asistencia técnica. Financia os custos de servizos externos necesarios para mellorar o desenvolvemento da actividade empresarial, así como estudos de viabilidade, organización, comercialización, diagnose ou similares, prestados por persoas ou entidades que reúnan os requisitos da orde, e que se desenvolvan entre os 3 meses anteriores e os 6 posteriores ao inicio. A contía será do 75% do custo dos servizos, ata un máximo de 1.000 euros.

4. Subvención para formación. Financia custos de cursos, realizados por persoas ou entidades que reúnan os requisitos da orde, relacionados coa dirección e xestión empresarial e novas tecnoloxías da información e comunicación, desenvoltos entre os 3 meses anteriores e os 6 meses posteriores ao inicio da actividade. A contía será do 75% do custo dos cursos, ata un máximo de 3.000 euros.

5. Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade realizados nos 3 meses anteriores e nos 6 meses seguintes ao inicio en concepto de compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, gastos de constitución, publicidade, arrendamento de local, maquinaria e seguro do local (excluído o IVE). A contía da axuda será de:

2.000 euros para os seguintes colectivos:
- Mozos desempregados menores de 30 anos.
- Mulleres desempregadas.
- Persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade.
- Demandantes do primeiro emprego.
- Persoas desempregadas que rematen o seu itinerario personalizado de inserción nunha ocupación directamente relacionada coa actividade empresarial.
- Autónomos e profesionais cando a actividade empresarial teña o seu domicilio fiscal nun concello rural.

3.600 euros para os seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas desempregadas pertencentes a algún colectivo en risco ou situación de exclusión social.
- Persoas con discapacidade.

6.- Subvención pola primeira contratación indefinida.

Subvenciónase, durante o primeiro ano de actividade dun autónomo, a contratación indefinida inicial de desempregados ou transformación dun contrato temporal en indefinido. A tempo completo ou parcial. A contía da subvención é a seguinte:

a. 4.000 euros pola contratación indefinida dunha persoa desempregada en xeral.
b. 5.000 euros pola contratación indefinida dun mozo desempregado de 30 ou menos anos.
c. 5.000 euros pola contratación indefinida dunha muller desempregada.
d. 5.600 euros pola contratación indefinida dunha moza desempregada de 30 ou menos anos.
e. 6.000 euros pola contratación de persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego, desempregada de longa duración, desempregada emigrante retornada, persoa desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
f. 2.000 euros pola transformación dun contrato temporal en indefinido. Esta contía será de 2.500 euros se o traballador é un mozo de 30 ou menos anos de idade e de 3.000 euros se é unha muller.

ORDE DE CONVOCATORIA.
Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo (DOG nº 79; do 28 de abril de 2010).

1.2.1- Axudas A Sociedades Limitadas

Axudas a iniciativas emprendedoras e de emprego

OBXECTO: Subvenciona a creación de empresas promovidas por desempregados baixo calquera forma xurídica, (agás persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais) nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
• que sexan empresas de nova creación.
• que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
• que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
• que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
• que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica.
• que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e que como mínimo o 50% do capital social sexa titularidade de promotores desempregados que creen o seu posto de traballo.

TIPOS DE AXUDA.

1. Subvención á xeración de emprego estable. Os postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os dos propios promotores, ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cunha subvención cada un deles de 4.000 euros para desempregados en xeral, 5.000 euros para mulleres ou homes menores de 30 anos, 5.600 para mulleres menores de 30 anos e 6.000 para parados de longa duración, colectivos en risco de exclusión social ou persoas con discapacidade.

En dedicación a tempo parcial, a contía dos incentivos será proporcional ao tempo de traballo.

2. Subvención financeira. Redución dos xuros de préstamos necesarios para a creación e posta en marcha das empresas destinados a financiar os investimentos en activos fixos. Non obstante, poderase destinar ata un 25% do importe do préstamo para financiar o activo circulante.

A subvención será de ata catro puntos do tipo de xuro, fixo ou variable, fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia, e terá como límite as contías reflectidas no punto anterior por cada posto de traballo de carácter indefinido creado.

Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo.

3. Subvención para asistencia técnica. Para axudar á persoa promotora ou empresario na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa. A asistencia técnica poderá consistir nas modalidades de formación e realización externa de estudios e informes sobre a actividade.
A contía da subvención será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas.

4. Subvención para o inicio da actividade. Para o financiamento dos primeiros gastos da actividade poderá concederse unha subvención de ata 2.400 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez. Para as persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade a subvención será de ata 3.600 euros, para os desempregados que esgotasen a prestación por desemprego será de 4.800 euros.

Serán subvencionables os gastos de constitución da empresa, a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, gastos do seguro do local, publicidade e subministracións.

5. Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores. Subvención do 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros, para os promotores que sendo titulares dunha familia teñan fillos menores de tres anos.

Poderán ser beneficiarias as empresas polos promotores que obtendo a subvención á xeración do emprego estable, sexan titulares de familias monoparentais ou na que os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

INCREMENTO DOS INCENTIVOS.
As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 25% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello rural.

ORDE DE CONVOCATORIA
Orde do 7 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (DOG nº 92; do 18 de maio de 2010).

1.2.2- Axudas a Iniciativas Locais de Emprego

Axudas a proxectos empresariais innovadores e xeradores de emprego

OBXECTO: Subvencionase creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local. Os proxectos empresariais deben estar previamente cualificados ILE e inscritos no rexistro administrativo habilitado para ao efecto pola Consellería de Traballo.

BENEFICIARIOS: Empresas privadas constituídas e que iniciaran a súa actividade, calquera que sexa a súa forma xurídica, que obtiveran a cualificación como iniciativa de emprego, e non transcorrera máis dun ano dende a notificación da resolución de cualificación.

TIPOS DE AXUDA.

1. Subvención á creación directa de emprego estable.
Subvenciónanse os postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os dos propios promotores, ocupados por persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego. A contía da subvención será de 4.800 euros para desempregados en xeral, de 5.000 euros para mulleres ou homes menores de 30 anos, 5.600 para mulleres menores de 30 anos e 6.000 para parados de longa duración, colectivos en risco de exclusión social ou discapacitados.

2. Subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación.
Subvención equivalente ao 50% dos custos salariais totais, cun máximo de doce mensualidades. A subvención terá como límite máximo, por todas as contratacións, a contía de 18.000 euros.

3. Apoio á función xerencial.
Financiase a contratación de apoio ás funcións xerenciais para axudar ao promotor ou empresario na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa. O dito apoio poderá consistir nas modalidades de titoría, formación e realización externa de estudios e informes sobre a actividade.

A contía da subvención será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas.

4. Subvención financeira.
Redución dos xuros de préstamos necesarios para a creación e posta en marcha das empresas destinados a financiar os investimentos en activos fixos, podendo destinarse ata un 25% do importe do préstamo para financiar o activo circulante.

A subvención será de ata catro puntos do tipo de xuro, fixo ou variable, fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia e terá como límite a contía de 5.100 euros por emprego estable creado.

Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo.

5. Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
Esta axuda consistirá nunha subvención para o financiamento dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade. O importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de traballo estables que se van a crear, de acordo coa seguinte escala:
• De 1 a 2 postos de traballo: 20.000 euros.
• De 3 a 10 postos de traballo: 36.000 euros.
• De 11 a 20 postos de traballo: 52.000 euros.
• 21 ou máis postos de traballo: 68.000 euros.

O importe da axuda non poderá superar o custo total dos gastos subvencionables, e a contía de 6.000 euros por posto de traballo estable creado, agás no suposto que sexa ocupado por un mozo menor de 30 anos ou por unha muller, que poderá acadar a contía de 8.000 euros.

Serán subvencionables os gastos de constitución da empresa, a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, gastos do seguro do local, publicidade e subministracións (excluído IVE). En ningún caso serán subvencionables, os gastos que poidan ser considerados como investimento en activo fixo.

ORDE DE CONVOCATORIA.
Orde do 5 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILE), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (DOG nº 91; do 14 de maio de 2010).

1.2.3- Axudas a Cooperativas

Axudas para a creación de cooperativas

PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL. AXUDAS A COOPERATIVAS.

OBXECTO: Subvencións á creación e modernización de cooperativas.

TIPOS DE AXUDA.

1. FOMENTO DO EMPREGO. Subvencionase a incorporación como socios traballadores ou de traballo de persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego pertencentes a algún dos seguintes colectivos:
a) Menores de 25 anos sen emprego fixo anterior.
b) Maiores de 45 anos.
c) Desempregados de longa duración.
d) Desempregados que teñan recoñecida a prestación por desemprego en pagamento único, sempre que a prestación non sexa inferior a 360 días para persoas con 25 ou mais anos e 180 días se son menores de 25.
e) Mulleres que se incorporen como socias nos 24 meses seguintes á data do parto, adopción ou acollemento.
f) Desempregados cun grao de minusvalía non inferior ao 33%.
g) Desempregados en risco de exclusión social.
h) Persoas vinculadas á empresa por un contrato de traballo temporal non superior a 24 meses, cunha vixencia mínima de 6 meses á data da solicitude de subvención.
i) Mozos de entre 16 e 24 anos que carezan de título educativo ou profesional.
j) Desempregados pertencentes a algún dos seguintes colectivos:
- Menores de 25 anos.
- Maiores de 25 anos e menores de 30 que finalizasen a súa educación nos dous anos anteriores e que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado.
- Desempregados que teñan recoñecida a prestación por desemprego en pagamento único.
- Maiores de 45 anos.
- Mulleres que se incorporen como socias traballadoras tras unha ausencia do mercado de traballo non inferior a 24 meses.
- Mulleres para prestar servizos en profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino.
- Titulares de familias monoparentais con responsabilidades familiares. Terá esta consideración, a persoa solteira, viúva, separada ou divorciada que teña ao coidado fillos menores de 21 anos ou persoas maiores incapacitadas que non obteñan ingresos superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional.
- Mulleres maiores de 25 anos e menores de 45.
- Desempregados que realizasen, no ano da solicitude ou nos dous anos anteriores, cursos de formación profesional para o emprego directamente relacionados co posto de traballo ao que se incorporan.
- Desempregados que participasen, no ano da solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnado en escolas obradoiro, casas de oficio ou obradoiros de emprego directamente relacionadas co posto de traballo ao que se incorporan; ou ben, que traballasen no ano da presentación da solicitude ou no ano anterior en obras ou servizos de interese xeral realizados noutros programas de fomento do emprego.
- Traballadores desempregados por; extinción voluntaria do contrato por parte do traballador polas causas contempladas no artigo 50 ET, despido colectivo, despido obxectivo por falta de adaptación ao posto ou despido obxectivo numeroso ou ben que procedan de empresas inmersas noutros procesos de reestruturación ou reconversión, ou do peche da empresa de procedencia por morte, xubilación ou incapacidade do empresario. Agás no caso de que na empresa a que se incorporen participen persoas que participaron no capital social da extinta empresa, , ou os seus familiares.

Contía das axudas;
- Ata 5.500 euros por cada desempregado que se incorpore a xornada completa como socio traballador ou de traballo. Cando a persoa pertenza ao colectivo da letra i) a subvención será de 6.500 euros. No caso de muller desempregada a subvención será de 7.000 euros. No caso de desempregados en risco de exclusión social a subvención será de 8.000 euros. No caso de desempregados con minusvalía no inferior ao 33% a subvención será de 10.000 euros.

2. SUBVENCIÓN FINANCEIRA. Consiste na redución de xuros de préstamos para financiar investimentos en inmobilizado material e inmaterial, concedidos por entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo. A subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade que conceda o préstamo. A contribución do beneficiario ao financiamento dos investimentos deberá ser como mínimo do 25%. O importe máximo da axuda é de 18.000 euros por entidade.

3. SUBVENCIÓN PARA A ADQUISICIÓN DE INMOBILIZADO MATERIAL E INMATERIAL. Subvención por un importe máximo do 50% do custo de adquisición dos activos, excluídos impostos. A contribución do beneficiario ao financiamento dos investimentos deberá ser como mínimo do 25%. O importe máximo da axuda é de 18.000 euros por entidade.
Poderán ser obxecto de subvencións os investimentos en terreos, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, mobiliario, elementos de transporte e equipamentos para procesos de información, así como os activos inmateriais vinculados coas novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
No suposto de que a adquisición dos activos se financie parcialmente mediante préstamos para os que se solicitou subvención de xuros, a determinación da subvención directa realizarase a partir do importe non financiado polos ditos préstamos.

4. AXUDA PARA A CONTRATACIÓN DE DIRECTORES OU XERENTES. Subvenciónanse os gastos ocasionados pola contratación de directores ou xerentes necesarios para a viabilidade da empresa. Para a súa concesión a sociedade deberá xustificar a súa necesidade e a dificultade para facer fronte ao custo cos seus propios recursos. A contratación subvenciónase por un período máximo dun ano e ata o 50% do custo total dela, sen que poida superar a contía de 20.000 euros por entidade.

5. APOIO ÁS COOPERATIVAS QUE PRESTEN SERVIZOS DE NATUREZA SOCIAL E Á COMUNIDADE. subvenciónase ata o 75% dos custos da incorporación como socios ou contratación de traballadores sociais, psicólogos e outros profesionais de especial cualificación necesarios para a prestación do servizo. Máximo 18.000 euros.

6. FORMACIÓN EMPRESARIAL. Subvenciónase ata o 75% dos custos de accións formativas vinculadas a xestión empresarial ou novas tecnoloxías da información e das comunicacións dos socios incorporados. Ata un máximo de 20.000 euros por entidade.

7. ASISTENCIA TÉCNICA: Máximo 20.000 euros por entidade.

7.a) Asesoramento de proxectos. Desde a realización de actividades previas ao inicio da actividade, tales como a orientación do proxecto e accións formativas e informativas do grupo promotor, ata a elaboración do plan empresarial o seu seguimento e asesoramento.

7.b). Outras accións de asistencia técnica. Ata o 75% do custo de outras accións de asistencia técnica cun máximo de 10.000 euros. Estudos de viabilidade, organización, comercialización, auditorías e análogos ata un máximo de 8.000 euros. Asesoramento para elaboración dos estatutos ata un máximo de 2.000 euros. Trámites de constitución ata un máximo de 2.000 euros.

8. AXUDA EXCEPCIONAL para o lanzamento da actividade. Subvención de ata o 50% dos gastos de compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, publicidade, subministracións do primeiro ano de actividade. Ata un máximo de 20.000 euros.

ORDE DE CONVOCATORIA.
Orde do 14 de xuño de 2010 (DOG Nº 119. 24 de xuño de 2010).

1.2.4- Prestación por Desemprego en Pago Único

Percepción da prestación por desemprego na modalidade de pago único

Poden acollerse á prestación por desemprego na súa modalidade de pago único, os desempregados con dereito a percibir prestación por desemprego que se constitúan como novos socios de cooperativas ou sociedades laborais, ou ben se establezan como autónomos ou autónomos con discapacidade.

COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS.
A prestación por desemprego en pago único destínase a financiar a aportación inicial do novo socio ó capital social da empresa. Pode destinarse a este fin ata o 100% da prestación.
Si coa aportación ó capital social do novo socio non se esgota a prestación á que ten dereito, o importe restante pode destinarse ó financiamento do seguro social mensual do socio á Seguridade Social.

AUTÓNOMOS.
Para os desempregados que se establezan como autónomos existen dúas opcións ás que se pode destinar a prestación por desemprego en pago único.

OPCIÓN A:
Pode destinarse o 100% da prestación por desemprego en pago único a financiar o seguro de autónomos que se paga cada mes á Seguridade Social.
OPCIÓN B:
* Pode solicitarse ata o 60% da prestación en pago único para destinarse a financiar o investimento necesario para inicio da actividade.
* O importe restante da prestación pode destinarse a financiar o custo das cuotas mensuais de autónomos á seguridade social.

AUTÓNOMOS CON DISCAPACIDADE DE ALOMENOS UN 33%.
Pode destinarse o 100% da prestación por desemprego en pago único, á que se teña dereito a financiar a inversión necesaria para o inicio e posta en marcha da actividade.

SOLICITUDE:
A solicitude debe presentarse sempre antes de darse de alta como autónomo ou como socio da cooperativa ou sociedade laboral. A solicitude preséntase ante a oficina de emprego.

PAGO:
O financiamento do seguro social do traballador á seguridade social é aboado mensualmente ata agotar o remanente.
O financiamento da aportación ó capital social ou da inversión inicial necesaria, aboase nun so pago.

1.2.5- Axudas A Novos Socios Traballadores De Cooperativas

Fomento da adquisición da condición de socio traballador

FOMENTO DA ADQUISICIÓN DA CONDICIÓN DE SOCIO TRABALLADOR.

OBXECTO.
Financiar, parcialmente, a achega ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio a unha cooperativa.

BENEFICIARIOS:
Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que accedan á condición de socio/a dunha cooperativa de traballo asociado e as persoas asalariadas das sociedades cooperativas que accedan á condición de socio traballador. Igualmente poderán resultar beneficiarias as persoas que figuren de alta no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de mellora de emprego.
No caso de cooperativas que xa estiveran constituída e en funcionamento será necesario acreditar o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, respecto aos topes máximos de traballadores/as por conta allea, así como establecer un plan específico que recolla medidas que aseguren a progresiva incorporación dos/as asalariados/as á condición de socios/as, se é o caso.

CONTÍA DAS AXUDAS.
Ata 4.500 euros, sen que, en ningún caso, poida ser superior á contía que corresponda subscribir en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, pola incorporación como socio. A contía máxima da axuda, no momento do seu pagamento, non poderá ser superior aos importes efectivamente desembolsados en concepto de achega ao capital social e cota de ingreso.

O importe das axudas será recoñecido como achegas obrigatorias desembolsadas do/a novo/a socio/a ao capital social e non poderá ser obxecto de reembolso nin transmisión por actos inter vivos, durante un período mínimo de cinco anos. Non obstante, o socio ou socia que cause baixa obrigatoria poderá transmitir a súa achega a favor da persoa que se incorpore para substituílo/a nas mesmas condicións e ata o final do referido período, como mínimo. Igualmente poderá ser recoñecido como cota de ingreso, incorporándose ao Fondo de Reserva Obrigatorio da entidade.

ORDE DE CONVOCATORIA.
Orde do 14 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (DOG Nº 62. Martes, 31 de marzo de 2009).

1.2.6- Axudas A Sociedades Laborais

Programa de fomento do emprego en empresas de ec. social. Sociedades Laborais

AXUDAS A SOCIEDADES LABORAIS.

OBXECTO: Subvencións á creación e modernización de sociedades laborais.

TIPOS DE AXUDA

1. FOMENTO DO EMPREGO. Subvencionase a incorporación como socios traballadores ou de traballo de persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego pertencentes a algún dos seguintes colectivos:
a) Menores de 25 anos sen emprego fixo anterior.
b) Maiores de 45 anos.
c) Desempregados de longa duración.
d) Desempregados que teñan recoñecida a prestación por desemprego en pagamento único, sempre que a prestación non sexa inferior a 360 días para persoas con 25 ou mais anos e 180 días se son menores de 25.
e) Mulleres que se incorporen como socias nos 24 meses seguintes á data do parto, adopción ou acollemento.
f) Desempregados cun grao de minusvalía non inferior ao 33%.
g) Desempregados en risco de exclusión social.
h) Persoas vinculadas á empresa por un contrato de traballo temporal non superior a 24 meses, cunha vixencia mínima de 6 meses á data da solicitude de subvención.
i) Mozos de entre 16 e 24 anos que carezan de título educativo ou profesional.
j) Desempregados pertencentes a algún dos seguintes colectivos:
- Menores de 25 anos.
- Maiores de 25 anos e menores de 30 que finalizasen a súa educación nos dous anos anteriores e que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado.
- Desempregados que teñan recoñecida a prestación por desemprego en pagamento único.
- Maiores de 45 anos.
- Mulleres que se incorporen como socias traballadoras tras unha ausencia do mercado de traballo non inferior a 24 meses.
- Mulleres para prestar servizos en profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino.
- Titulares de familias monoparentais con responsabilidades familiares. Terá esta consideración, a persoa solteira, viúva, separada ou divorciada que teña ao coidado fillos menores de 21 anos ou persoas maiores incapacitadas que non obteñan ingresos superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional.
- Mulleres maiores de 25 anos e menores de 45.
- Desempregados que realizasen, no ano da solicitude ou nos dous anos anteriores, cursos de formación profesional para o emprego directamente relacionados co posto de traballo ao que se incorporan.
- Desempregados que participasen, no ano da solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnado en escolas obradoiro, casas de oficio ou obradoiros de emprego directamente relacionadas co posto de traballo ao que se incorporan; ou ben, que traballasen no ano da presentación da solicitude ou no ano anterior en obras ou servizos de interese xeral realizados noutros programas de fomento do emprego.
- Traballadores desempregados por; extinción voluntaria do contrato por parte do traballador polas causas contempladas no artigo 50 ET, despido colectivo, despido obxectivo por falta de adaptación ao posto ou despido obxectivo numeroso ou ben que procedan de empresas inmersas noutros procesos de reestruturación ou reconversión, ou do peche da empresa de procedencia por morte, xubilación ou incapacidade do empresario. Agás no caso de que na empresa a que se incorporen participen persoas que participaron no capital social da extinta empresa, , ou os seus familiares.

Contía das axudas;
- Ata 5.500 euros por cada desempregado que se incorpore a xornada completa como socio traballador ou de traballo. Cando a persoa pertenza ao colectivo da letra i) a subvención será de 6.500 euros. No caso de muller desempregada a subvención será de 7.000 euros. No caso de desempregados en risco de exclusión social a subvención será de 8.000 euros. No caso de desempregados con minusvalía no inferior ao 33% a subvención será de 10.000 euros.
No suposto de que a xornada de traballo do socio traballador incorporado sexa a tempo parcial, a contía da axuda será proporcional ao tempo efectivo de duración da xornada.

2. SUBVENCIÓN FINANCEIRA. Consiste na redución de xuros de préstamos para financiar investimentos en inmobilizado material e inmaterial, concedidos por entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo. A subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade que conceda o préstamo. A contribución do beneficiario ao financiamento dos investimentos deberá ser como mínimo do 25%. O importe máximo da axuda é de 18.000 euros por entidade.

3. SUBVENCION DIRECTA PARA A ADQUISICIÓN DE INMOBILIZADO MATERIAL E INMATERIAL. Subvención por un importe máximo do 50% do custo de adquisición dos activos, excluídos impostos. A contribución do beneficiario ao financiamento dos investimentos deberá ser como mínimo do 25%. O importe máximo da axuda é de 18.000 euros por entidade.
Poderán ser obxecto de subvencións os investimentos en terreos, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, mobiliario, elementos de transporte e equipamentos para procesos de información, así como os activos inmateriais vinculados coas novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
No suposto de que a adquisición dos activos se financie parcialmente mediante préstamos para os que se solicitou subvención de xuros, a determinación da subvención directa realizarase a partir do importe non financiado polos ditos préstamos.

4. AXUDA PARA A CONTRATACIÓN DE DIRECTORES OU XERENTES. Subvenciónanse os gastos ocasionados pola contratación de directores ou xerentes necesarios para a viabilidade da empresa. Para a súa concesión a sociedade deberá xustificar a súa necesidade e a dificultade para facer fronte ao custo cos seus propios recursos. A contratación subvenciónase por un período máximo dun ano e ata o 50% do custo total dela, sen que poida superar a contía de 20.000 euros por entidade.

5. FORMACIÓN EMPRESARIAL. Subvenciónase ata o 75% dos custos de accións formativas vinculadas a xestión empresarial ou novas tecnoloxías da información e das comunicacións dos socios incorporados. Ata un máximo de 20.000 euros por entidade.

6. ASISTENCIA TÉCNICA: Máximo 20.000 euros por entidade.

6.a) Asesoramento de proxectos. Desde a realización de actividades previas ao inicio da actividade, tales como a orientación do proxecto e accións formativas e informativas do grupo promotor, ata a elaboración do plan empresarial o seu seguimento e asesoramento.

6.b). Outras accións de asistencia técnica. Ata o 75% do custo de outras accións de asistencia técnica cun máximo de 10.000 euros. Estudos de viabilidade, organización, comercialización, auditorías e análogos ata un máximo de 8.000 euros. Asesoramento para elaboración dos estatutos ata un máximo de 2.000 euros. Trámites de constitución ata un máximo de 2.000 euros.

7. AXUDA EXCEPCIONAL para o lanzamento da actividade. Subvención de ata o 50% dos gastos de compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, publicidade, subministracións do primeiro ano de actividade. Ata un máximo de 20.000 euros.

ORDE DE CONVOCATORIA.
Orde do 14 de xuño de 2010 (DOG Nº 119. 24 de xuño de 2010).

1.3- Axudas á Contratación

Axudas máis habituais para a contratación de traballadores

1.3.0- Programa de Fomento da Estabilidade no Emprego

Axudas por contratacións indefinidas que incrementen a taxa de estabilidade

OBXECTO: Axudas a empresas polas contratacións indefinidas iniciais que realicen, ou ben pola transformación en indefinidos de contratos temporais, sempre que as contratacións ou tranformacións sexan realizadas dende o 1 de xullo de 2004 ata o 30 de Xuño de 2005, e con elas se acaden como mínimo os seguintes resultados:

a) Empresas que como consecuencia das contratacións ou transformacións incrementen alomenos en 7 puntos a taxa de estabilidade do cadro de persoal, ou empresas cunha taxa de estabilidade de alomenos o 93% que como consecuencia das contratacións ou transformacións acaden ou manteñan unha taxa de estabilidade do 100%, en ambos casos respecto ó período entre xullo de 2003 e xuño de 2004.

b) Que se de incremento de emprego fixo, superando a media do cadro de persoal fixo da empresa no período xullo 2003- xuño 2004.

c) As contratacións indefinidas iniciais deberán supoñer incremento neto do emprego total na empresa respecto á media do período de referencia.

d) A taxa de estabilidade que se acade como consecuencia das transformacións ou contratacións deberá ser igual ou superior ó 65%.

No caso de transformacións, a xornada do novo contrato indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do contrato que se transforma. Enténdese que existe transformación cando se mantén a continuidade na relación laboral.

TIPOS DE AXUDA:

Os incentivos ás contratacións indefinidas, iniciais ou por transformación de contratos temporais ou de duración determinada determinaranse en función das taxas de estabilidade que a empresa acade como consecuencia das contratacións:

A) TAXA DE ESTABILIDADE ACADADA DO 65% E ATA O 90%.

1. Axudas de ata 3.000 euros polas contratacións indefinidas iniciais, 3.600 euros cando serealicen con mulleres.

2. Axudas de ata 2.500 euros polas transformacións de contratos temporais en indefinidos, 3.100 euros cando se realicen con mulleres.
Os incentivos incrementaranse en 300 euros cando a contratación ou transformación se realice con menores de 30 anos, e noutros 300 euros cando ademáis pertenzan ó Programa Labora.
Os incentivos incrementaranse en 4.200 euros, 4.800 euros no caso de mulleres, cando o desempregado proceda dunha empresa en crise.

B) TAXA DE ESTABILIDADE ACADADA DE MÁIS DO 90%.

1. Axudas de ata 3.600 euros polas contratacións indefinidas iniciais, 4.200 euros cando se realicen con mulleres.

2. Axudas de ata 3.100 euros polas transformacións de contratos temporais en indefinidos, 3.700 euros cando se realicen con mulleres.
Os incentivos incrementaranse en 300 euros cando a contratación ou transformación se realice con menores de 30 anos, e noutros 300 euros cando ademáis pertenzan ó Programa Labora.
Os incentivos incrementaranse en 4.800 euros, 5.400 euros no caso de mulleres, cando o desempregado proceda dunha empresa en crise.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xuño de 2005.

ORDE REGULADORA: Orde do 14 de marzo de 2005 da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, reguladora dos programas para o fomento da estabilidade no emprego.
DOG nº 54 do 18 de marzo de 2005.

1.3.1- Axudas Contratación Indefinida persoas con mais dificultades

Axudas á contratación indefinida de desempregados con maiores dificultades

AXUDAS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE DESEMPREGADOS CON MAIORES DIFICULTADES DE INSERCIÓN LABORAL.

OBXECTO: Axudas a empresas, baixo calquera fórmula xurídica, pola contratación indefinida inicial de traballadores desempregados pertencentes a colectivos desfavorecidos, ou ben, pola transformación en indefinidos de contratos; de aprendizaxe, de formación, en prácticas, de relevo, de sustitución por anticipación da idade de xubilación, de interinidade (cando se manteña o posto do traballador sustituido) e de contratos temporais realizados con beneficiarios do Programa Labora. Como consecuencia da contratación indefinida ou da transformación ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa respecto ós 12 meses anteriores.

TIPOS DE AXUDA:

A) INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL.

1. Axuda de ata 3.000 euros, 3.600 euros cando sexan mulleres, pola contratación indefinida inicial, de traballadores desempregados pertencentes ós seguintes colectivos:

- Mozos sen emprego fixo anterior, menores de 25 anos ou que remataran a súa educación nos dous últimos anos.
- Parados de longa duración. Desempregados durante 12 dos últimos 16 meses, ou durante 6 dos últimos 8 meses se son menores de 25 anos.
- Titulares de familias monoparentais con cargas familiares.
- Mulleres desempregadas en profesións con menor índice de emprego feminino ou tras unha ausencia de 24 meses do mercado de traballo.
- Desempregados que non aprobaran o ensino secundario superior ou equivalente.
- Maiores de 50 anos.

A axuda incrementarase en 300 euros cando a contratación se realice con menores de 30 anos, e noutros 300 euros cando ademáis pertenzan ó Programa Labora.
A axuda incrementarase en 1.200 euros o desempregado proceda dunha empresa en crise.

2. Axuda de ata 6.000 euros, 6.600 euros cando sexan mulleres, pola contratación indefinida inicial de traballadores desempregados pertencentes a colectivos en risco de exclusión social:
- Perceptores do Risga.
- Persoas en rehabilitación de drogodependencias debidamente acreditadas.
- Penados ou ex reclusos sen emprego fixo dende a privación de liberdade
- Mulleres procedentes de casas de acollida e víctimas de violencia doméstica.
- Mozos baixo a tutela da administración autonómica ata a súa maioría de idade.
- Inmigrantes ou persoas pertencentes a minorías étnicas.

B) INCENTIVOS Á TRANSFORMACIÓN EN INDEFINIDOS DE DETERMINADOS CONTRATOS.

1. Axuda de ata 3.000 euros, 3.600 euros cando sexan mulleres,pola tranformación en indefinidos de contratos de aprendizaxe, de formación, en prácticas, de relevo, de sustitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade (cando se manteña o posto do traballador sustituido).
A axuda incrementarase en 300 euros cando a contratación se realice con menores de 30 anos, e noutros 300 euros cando ademáis pertenzan ó Programa Labora.

2. Axuda de ata 6.000 euros, 6.600 euros cando sexan mulleres, pola tranformación en indefinidos de contratos temporais realizados, con colectivos en risco de exclusión social.
A xornada do novo contrato deberá ser, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.
Enténdese que existe transformación cando se mantén continuidade na relación laboral.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses dende a contratación. O prazo xeral de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.

ORDE REGULADORA: Orde do 14 de marzo de 2005 da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, reguladora dos programas para o fomento da estabilidade no emprego.
DOG nº 54 do 18 de marzo de 2005.

1.3.2- Axudás á Contratación do Primeiro Traballador Fixo

Axudas a empresas sen traballadores pola contratación primeiro traballador fixo

AXUDAS A EMPRESARIOS SEN ASALARIADOS POLA CONTRATACIÓN DO SEU PRIMEIRO TRABALLADOR FIXO.

OBXECTO: Axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo, sempre que a contratación se realice con desempregados, inscritos como demandantes de emprego, pertencentes a algún dos seguintes colectivos desfavorecidos:

- Menores de 25 anos ou mozos sen emprego fixo anterior que remataran a súa educación nos dous últimos anos.
- Parados de longa duración. Desempregados durante 12 dos últimos 16 meses, ou durante 6 dos últimos 8 meses se son menores de 25 anos.
- Desempregados incorporados ó Programa Labora.
- Mulleres desempregadas.
- Desempregados que non remataran o ensino secundario superior ou equivalente.
- Maiores de 50 anos.
- Desempregados en risco de exclusión social, pertencentes a algún dos seguintes colectivos; Perceptores do Risga ou membros da súa familia, persoas en rehabilitación de drogodependencias, penados ou ex reclusos, victimas de violencia domestica, mozos baixo a tutela da administración autonómica ata a maioría de idade, inmigrantes ou persoas pertencentes a minorías étnicas.

BENEFICIARIOS: Empresas, baixo calquera fórmula xurídica, que contraten o seu primeiro traballador con carácter indefinido. Deberán ter iniciado a actividade empresarial cunha antelación mínima dun ano á contratación.
Enténdese que se trata do primeiro empregado cando a empresa no ano anterior, non tivese traballadores por conta allea, agás contratos de duración determinada ou temporal que , no seu conxunto, non superen os 180 días.

TIPOS DE AXUDA:

Subvención do 30 % da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza o traballador contratado, para o ano 2005, calculada sobre 3 anualidades, co límite máximo de 6000 euros.

Cando a contratación se realice con mozos menores de 30 anos, a subvención elevase ó 35 % e o límite máximo ata 6.300 euros.

Cando a contratación se realice con mulleres, a subvención elevase ó 40 % e o límite máximo ata 6.600 euros.

Os incentivos tamén serán de aplicación á contratación do conxuxe e familiares ata o segundo grao inclusive.

Non poderán acceder a estas axudas as cooperativas e sociedades laborais.

Exclúense da subvención os traballadores que finalizacen un contrato indefinido nos últimos 3 meses.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses dende a contratación. O prazo xeral de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2005.

NORMATIVA REGULADORA: Orde do 7 de marzo de 2005 da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, reguladora das axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo. DOG nº 48 do 10 de marzo de 2005.

1.3.3- Axudas Á Contratación Indefinida De Discapacitados

Axudas á contratación indefinida de persoas con discapacidade

OBXECTO:

Axudas a empresas, baixo calquera fórmula xurídica, pola contratación de traballadores cunha discapacidade de alomenos o 33%, desempregados ou procedentes dun centro especial de emprego, sempre que a modalidade de contratación sexa contratación indefinida inicial ou transformación en indefinido de contratos; de aprendizaxe, de formación, en prácticas, contratos temporais de fomento do emprego para persoas con discapacidade ou contratos de interinidade por sustitucións (cando se manteña o posto do traballador sustituido).

TIPOS DE AXUDA.

A. SUBVENCIÓNS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL OU TRANSFORMACIÓN EN INDEFINIDA.

As empresas que contraten traballadores cunha discapacidade de alomenos o 33%, desempregados ou procedentes dun centro especial de emprego, sempre que a modalidade de contratación sexa contratación indefinida inicial ou transformación de indefinido de determinados contratos poden obter as seguintes axudas:

1. Subvención de ata 3.907 euros por cada traballador contratado indefinido a xornada completa. A subvención incrementarase cun incentivo de 600 euros cando o traballador contratado teña un grao de discapacidade superior ó 49% ou no suposto de persoas son paralise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual de alomenos un 33%. Cando se trate dunha muller con discapacidade establécese un incentivo adicional ós anteriores de 600 €.

2. Subvención de ata 902 euros para adaptación do posto de traballo ou para a adaptación de equipos. A necesidade de adaptación e de medios especiais deberá contar co informe favorable da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.

B. BONIFICACIÓN DE COTAS Á SEGURIDADE SOCIAL.

No caso de contratacións indefinidas iniciais as axudas anteriores serán compatibles con bonificacións nas cotas empresariais á Seguridade Social nas seguintes cuantías:

1. 70% por cada traballador con discapacidade contratado menor de 45 anos. No caso de mulleres 90%.

2. 90% por cada traballador con discapacidade contratado de 45 ou máis anos. No caso de mulleres 100%.

C. CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE DISCAPACITADOS DO ENCLAVE LABORAL.
As empresas colaboradoras que contraten con carácter indefinido a traballadores con discapacidade do enclave laboral (discapacitados con parálise cerebral, enfermidade mental ou discapacidade intelectual de alomenos o 33%, ou persoas con discapacidade física ou sensorial de alomenos o 65%) poderán obter as seguintes axudas:

1. Subvención de ata 7.814 euros por traballador contratado a xornada completa.

2. Subvención de ata 902 euros para adaptación do posto de traballo ou equipos.

3. Bonificación do 100% nas cotas empresariais á Seguridade Social.

PRAZO: O prazo xeral de presentación de solicitudes será de dous meses dende a contratación. As axudas á adaptación de postos de traballo deben presentarse antes de iniciar a adaptación. O prazo xeral de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2005.

ORDE REGULADORA: Orde do 17 de marzo de 2005 da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, reguladora dos programas de promoción da integración laboral de persoas con discapacidade.
DOG nº 54 do 18 de marzo de 2005.

1.3.4- Axudas á Contratación Temporal Persoas en Risco Exclusión

Axudas á contratación temporal de desempregados en risco de exclusión social

AXUDAS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL DE DESEMPREGADOS
EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL.

OBXECTO: Axudas a empresas, baixo calquera fórmula xurídica, que contraten temporalmente traballadores desempregados, inscritos como demandantes de emprego, pertencentes a colectivos en risco de exclusión social:

- Perceptores do Risga ou persoas que non poidan acceder a ela por falta do período de residencia ou empadroamento ou persoas que esgotasen o período máximo de percepción.
- Persoas en rehabilitación de drogodependencias debidamente acreditadas.
- Penados ou ex reclusos sen emprego fixo dende a privación de liberdade.
- Mulleres procedentes de casas de acollida e víctimas de violencia doméstica.
- Mozos baixo a tutela da administración autonómica ata a súa maioría de idade.
- Inmigrantes ou persoas pertencentes a minorías étnicas.

Para seren subvencionables as contratacións a duración inicial do contrato debe ser de alomenos 6 meses.

TIPOS DE AXUDA:

Os incentivos axustaranse á seguinte escala:

DURACIÓN CONTRATO................ HOMES ................ MULLERES.
6 meses ......................................... 2.160 ...................... 2.520
7 meses ......................................... 2.430 ....................... 2.835
8 meses ......................................... 2.700 ....................... 3.150
9 meses ......................................... 2.970 ....................... 3.465
10 meses ....................................... 3.150 ....................... 3.675
11 meses ....................................... 3.330 ....................... 3.885
12 meses ....................................... 3.510 ....................... 4.095

Cando as contratacións se realicen con mozos menores de 30 anos os incentivos incrementaranse en 300 euros.

As axudas reduciranse proporcionalmente cando o contrato se celebre a tempo parcial.

Quedan excluidos os contratos co conxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes por cosanguineidade ou afinidade ata o segundo grao inclusive.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses dende a contratación. O prazo xeral de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.

ORDE REGULADORA: Orde do 18 de marzo de 2005 da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, reguladora dos incentivos á contratación de colectivos desfavorecidos.
DOG nº 54 do 18 de marzo de 2005.

1.3.5- Axudas Á Contratación En Prácticas E Innovación Tecnolóxica

Axudas para contratos en prácticas e ós vencellados á innovación tecnolóxica

AXUDAS Á CONTRATACIÓN EN PRÁCTICAS E PARA A INNOVACIÓN TECNOLÓXICA.

OBXECTO: Axudas a empresas, baixo calquera fórmula xurídica, que contraten traballadores desempregados, titulados universitarios ou de formación profesional de grao medio ou superior mediante a realización de contratos en prácticas, ou contratos en prácticas vinculados a proxectos de I+D.
Excluense das axudas os traballadores que tiveran un contrato en prácticas ou contrato indefinido anteriores coa mesma empresa solicitante.
Exclúense así mesmo os contratos co conxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes por cosanguineidade ou afinidade ata o segundo grao inclusive. Para que os contratos poidan ser subvencionables deberán ser a xornada completa e cunha duración de alomenos 12 meses e non poderán supoñer a sucesión de traballadores en prácticas para o mesmo posto de traballo.

TIPOS DE AXUDA:

1. AXUDAS Á CONTRATACIÓN EN PRÁCTICAS: 
Axudas de ata 2.100 €, no caso de mulleres ata 2.700 €, pola contratación en prácticas de mozos desempregados, titulados universitarios ou de formación profesional de grao medio ou superior, ou títulos equivalentes.
Cando o traballador contratado sexa titulado universitario da área de humanidades incrementaranse as axudas en 600 euros. 
Cando o traballador contratado sexa doutor incrementaranse as axudas en 600 €.

2. AXUDAS Á CONTRATACIÓN EN PRÁCTICAS VINCULADA A PROXECTO DE I +D: 
Axudas de ata 3.600 €, no caso de mulleres ata 4.200 €, pola contratación en prácticas de mozos desempregados, titulados universitarios ou de formación profesional de grao medio ou superior, ou títulos equivalentes, para participar en programas de fomento da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico. 
Cando o traballador contratado sexa titulado universitario da área de humanidades incrementaranse as axudas en 600 euros. 
Cando o traballador contratado sexa doutor incrementaranse as axudas en 600 €.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses dende a contratación. O prazo xeral de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.

ORDE REGULADORA: Orde do 18 de marzo de 2005 da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, reguladora dos incentivos á contratación de colectivos desfavorecidos.
DOG nº 54 do 18 de marzo de 2005.

1.3.6- Axudas Á Conciliación Da Vida Laboral E Familiar

Axudas destinadas a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar

OBXECTO
Promove-la igualdade de oportunidades no acceso e permanencia no emprego de homes e mulleres mediante a creación de axudas por traballadores que se reincorporen á empresa tras un proceso e maternidade/paternidade, e de axudas para a sustitución de traballadores en excedencia ou reducción de xornada por coidado de familiares.

BENEFICIARIOS
Empresas privadas, baixo calquera fórmula xurídica que contraten ou reincorporen a traballadores.

TIPO DE AXUDA:

1. AXUDAS POR TRABALLADORES QUE SE REINCORPORAN Á EMPRESA TRAS UN PROCESO DE MATERNIDADE/ PATERNIDADE.
Subvencionase a reincorporación de traballadores ó seu posto de traballo na empresa tras permisos de materninade, adopción ou acollemento de menores de 6 anos. Así como as reincorporacións á actividade dos autónomos e os socios traballadores de cooperativas nos mesmos casos.

Requisitos: So serán subvencionables as reincorporacións cando o permiso de maternidade/ paternidade fose de duración igual ou superior á metade do máximo legal, cando durante o permiso a empresa formalizase contratos de interinidade para sustitución dos traballadores cunha duración mínima do 80% do período do permiso e cando o traballador se reincorpore en virtude dunha relación laboral indefinida ou no caso dos autónomos á súa actividade habitual.

Contía: A axuda consistirá nunha subvención equivalente ó importe das cotas empresariais á Seguridade Social por continxencias comúns correspondentes á base mínima para o ano 2005 do grupo de cotización do traballador , ou no caso dos autónomos, do importe do 100% da base
mínima do réxime de autónomos. Nos dous casos calculada sobre 12 meses.

2. AXUDAS PARA A SUSTITUCIÓN DE TRABALLADORES EN EXCEDENCIA OU REDUCCIÓN DE XORNADA POR COIDADO DE FAMILIARES.
Subvenciónanse os contratos de interinidade que se realicen con traballadores desempregados, inscritos como demandantes de emprego, para sustituir traballadores en excedencia ou reducción de xornada por coidado de familiares, por un período non inferior a catro meses nin superior a tres anos. Sempre que se trate dunha excedencia con reserva de posto de traballo ou con reducción de xornada de traballo por motivos familiares.

Contía: Incentivaranse os contratos de interinidade cunha axuda de ata 2.400 euros que se reducirá proporcionalmente cando a súa duración sexa por un período inferior a un ano, ou pola parte proporcional cando se celebre a tempo parcial.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses dende a reincorporación ó posto de traballo tras un proceso de maternidade/ paternidade ou dende o inicio do contrato de interinidade. O prazo xeral de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.

ORDE REGULADORA: Orde do 16 de marzo de 2005 da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, reguladora dos incentivos á contratación dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar. DOG nº 54 do 18 de marzo de 2005.

2- Servizo De Asesoramento A Empresarios

Dirixido ós empresarios, ou entidades sen animo de lucro que o requiran
- Información sobre as subvencións á contratación de traballadores por conta allea e axuda na súa tramitación.

- Axuda na búsca de subvencións ou fontes de financiamento para novos proxectos ou investimentos.

3- Servizo De Asesoramento A Emprendedores E Empresarios

O servizo de asesoramento a emprendedores e empresarios é prestado no Patronato Municipal “Beiramar” pola técnica local de emprego do Concello de Moaña. Este servizo pode dividirse como o seu nome indica en servizo de asesoramento a emprendedores e servizo de asesoramento a empresarios.