Plan Estratéxico De Desenvolvemento Local Concello De Moaña
Durante o ano 2005 o Patronato Municipal “Beiramar” solicitou ante a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais subvención para a realización dun “Plan Estratéxico de Desenvolvemento Local do Concello de Moaña”.
O obxectivo deste proxecto foi realizar unha análise da situación do Concello naquel momento, dos seus recursos económicos, humáns e sociais, así como da organización do territorio para, partindo desa análise, puidérase definir, elaborar e planificar con antelación estratexias de desenvolvemento local, que servisen de guía para a toma de decisións que afectaban ó futuro do territorio e da súa poboación.
Para a realización deste “Plan Estratéxico de Desenvolvemento Local do Concello de Moaña” procurouse que o equipo de investigación encargado do proxecto fora multidisciplinar e tivera unha acreditada solvencia na realización deste tipo de estudos, polo que contratouse a Consultora “Seminario de Estudios Socioeconómicos de Pontevedra Carlos Velasco”.
O Patronato Municipal “Beiramar” contou para a realización deste plan estratéxico cun orzamento total de 17.143 euros.