1- Programas de Emprego e de Cooperación Local
Contratación de desempregados para obras de interese xeral e social.
Os Programas de emprego son programas nos que se trata de subministrar as e aos desempregados participantes unha experiencia laboral recente no desempeño dunha profesión ou oficio de cara a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.
Entre estes programas encóntranse os programas de cooperación local.
Os Programas de Cooperación Local teñen por obxecto a contratación de persoas traballadoras desempregadas con dificultades de inserción laboral, para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social.
O que se persegue con estes programas é achegarlles ás persoas traballadoras que se contratan unha experiencia laboral e práctica profesional recentes no desempeño dunha profesión, capaces de mellorar as súas perspectivas de inserción laboral. Non se trata de formalos, xa que xeralmente se trata de traballadores que xa teñen un oficio, senón de proporcionarlles experiencia profesional. As e os destinatarios destes programas son traballadores desempregados (preferentemente mulleres, mozos e mozas menores de 30 anos ou persoas paradas de longa duración) residentes no concello.
A duración do programa é de entre 6 e 12 meses.
Durante toda a duración do programa, quen participa dispón dun contrato de traballo e percibe un salario establecido segundo o convenio colectivo que resulte de aplicación na contratación. Estes programas están subvencionados pola Consellería de Traballo, que financia os custos de contratación das e dos traballadores participantes. Os custos de execución das obras ou servizos son financiados polo Patronato Municipal Beiramar.
O obxectivo final do programa é mellorar a capacitación profesional dos traballadores e traballadoras, a través da experiencia e práctica proporcionadas, de cara a conseguir a súa inserción no mercado laboral. Os diferentes proxectos de cooperación local solicitados polo Patronato Municipal Beiramar céntranse no fomento do emprego na bisbarra, realizando asemade obras de carácter social que redunden en beneficio da veciñanza do municipio.
1.1- Proxectos Históricos de Cooperación Local
Proxectos de Cooperación desenvolvidos polo Patronato Municipal "Beiramar".
O Patronato Municipal “Beiramar” desenvolve programas de Cooperación Local dende o ano 1999. A continuación facemos unha breve descripción dos distintos Programas de Cooperación Local Desenvolvidos:
* COOPERACIÓN LOCAL 1999.
Durante o ano 1999 o Patronato Municipal “Beiramar”, a través dos programas de Cooperación Local, contratou a 14 traballadores desempregados durante 6 meses para a execución das obras; Acondicionamento do Centro de Formación Ocupacional “Beiramar” e Recuperación do Camiño dos Muíños
de Meira.
Obra: Acondicionamento do centro de formación ocupacional "Beiramar".
Categoría profesional ............. Nº traballadores ............... Duración contrato
Arquitecto técnico ........................... 1....................................... 6 meses.
Oficial 1ª albanel ............................ 4 ....................................... 6 meses.
Peón albanel ................................... 4 ....................................... 6 meses.
Obra: Recuperación do Camiño dos Muíños de Meira.
Categoría profesional ............. Nº traballadores ............... Duración contrato
Oficial 1ª canteiro .......................... 2 ....................................... 6 meses.
Peón canteiro ................................. 2 ....................................... 6 meses.
Peón albanel ................................... 1 ....................................... 6 meses.
* COOPERACIÓN LOCAL 2000.
Durante o ano 2000 o Patronato Municipal “Beiramar”, a través dos programas de Cooperación Local, contratou a 14 traballadores desempregados durante 6 meses para a execución das obras; II Fase Acondicionamento do Centro de Formación Ocupacional “Beiramar” e Ampliación do Camiño dos Muíños de Meira.
Obra: II Fase Acondic. do centro de formación ocupacional "Beiramar".
Categoría profesional ............. Nº traballadores ............... Duración contrato
Oficial 1ª albanel ............................. 4 ....................................... 6 meses.
Peón albanel ................................... 4 ....................................... 6 meses.
Obra: Ampliación do Camiño dos Muíños de Meira.
Categoría profesional ............. Nº traballadores ............... Duración contrato
Oficial 1ª canteiro .......................... 3 ....................................... 6 meses.
Peón canteiro ................................. 3 ....................................... 6 meses.
* COOPERACIÓN LOCAL 2001.
Durante o ano 2001 o Patronato Municipal “Beiramar”, a través dos programas de Cooperación Local, contratou a 13 traballadores desempregados durante 4 meses para a execución das obras; Renovación de Parques Públicos Urbanos e Recuperación do Camiño e dos Muíños da Abelleira.
Obra: Renovación de parques públicos urbanos.
Categoría profesional ............. Nº traballadores ............... Duración contrato
Oficial 1ª poliester ........................... 1 ....................................... 4 meses.
Peón poliester .................................. 1 ....................................... 4 meses.
Oficial 1ª carpinteiro ....................... 2 ....................................... 4 meses.
Peón carpinteiro .............................. 2 ....................................... 4 meses.
Obra: Recuperación do Camiño e dos Muíños da Abelleira.
Categoría profesional ............. Nº traballadores ............... Duración contrato
Arquitécto técnico .......................... 1 ........................................ 4 meses.
Oficial 1ª canteiro ........................... 2 ....................................... 4 meses.
Peón canteiro .................................. 2 ....................................... 4 meses.
Oficial 1ª albanel ............................. 1 ....................................... 4 meses.
Peón albanel .................................... 1 ....................................... 4 meses.
* COOPERACIÓN LOCAL 2002.
Durante o ano 2002 o Patronato Municipal “Beiramar” a través dos programas de Cooperación Local contratou a 4 traballadores desempregados durante 6 meses para a execución da obra; Construcción do Palco da Música.
Obra: Construcción do palco da música.
Categoría profesional ............. Nº traballadores ............... Duración contrato
Oficial 1ª albanel ............................ 2 ....................................... 6 meses.
Peón albanel ................................... 2 ....................................... 6 meses.
* COOPERACIÓN LOCAL 2003.
Durante o ano 2003 o Patronato Municipal “Beiramar” a través dos programas de Cooperación Local contratou a 6 traballadores desempregados durante 4 meses para a execución da obra: Empedrado do Adro da Igrexa de Samertolameu.
Obra: Empedrado do adro da Igrexa de Samertolameu.
Categoría profesional ............. Nº traballadores ............... Duración contrato
Oficial 1ª albanel ............................ 3 ....................................... 6 meses.
Peón albanel ................................... 3 ....................................... 6 meses.
1.2- Proxectos Actuais de Cooperación Local.
Proxectos actuais de Cooperación Local do Patronato Municipal "Beiramar"
Neste ano 2008 o Patronato Municipal “Beiramar” ten solicitada subvención ante a Consellería de Traballo para a contratación de 14 traballadores desempregados para a realización das seguintes obras e servizos:
- Reforzo da Administración do Patronato (dous administrativos; un conserxe de limpeza).
- Axadinamento da Reitoral de San Martiño (un técnico en paisaxismo; un oficial de 1ª xardiñeiro; e cinco peóns xardiñeiros).
- Elaboración de mobiliario municipal (un oficial albanel; un oficial carpinteiro; un peón albanel; e un peón carpinteiro).