Orientación Profesional

1- Presentación do Servizo de Orientación Laboral

Antecedentes e inicio do servizo:

Dende finais do ano 2001, o Patronato Municipal de “Beiramar” do Concello de Moaña, conta co servizo de orientación laboral e asesoramento especializado para facilitar os demandantes de emprego o camiño cara ó mercado laboral, ó adquirir esta entidade a condición de Centro Colaborador e Asociado ó Servizo Galego de Colocación.

A orientación é un proceso de axuda técnica e profesional para dotar ó usuario de información, recursos e habilidades específicas que faciliten a súa inserción no mundo laboral. Este servizo, subvencionado pola Consellería de Traballo, se basa en accións de información, orientación e busca activa de emprego, coa finalidade de mellorar a ocupabilidade dos demandantes inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.

A busca de traballo esixe un papel activo do demandante, polo que hai que coñecer as demandas do mercado, que traballadores se precisan, coñecer o perfil profesional individual: de qué pode traballar, para qué está preparado, cal é a súa experiencia, ónde acudir, cómo informarse das ofertas, e cómo mellora-la súa cualificación. A persoa que procura traballo deixa de ser un demandante pasivo inscrito nas oficinas de emprego e noutras bolsas, a ser un axente activo, que se informa, busca traballo, se prepara cada día e organiza e planifica a busca.

O mercado laboral é cambiante, mais especializado e máis competitivo (mercado global), por todo isto faise necesario actualizarse, estar ó día e desenvolver unha grande capacidade de adaptación, considerar a formación inseparable e paralela ó emprego, coñecer as ferramentas básicas de busca e adquirir e exercitar habilidades sociais tales como a confianza persoal, seguridade, coñecemento dun mesmo, capacidade de comunicación, capacidade de adaptación a cambios, motivación, capacidade de análises e de resolución de problemas, que faciliten a incorporación ó mercado laboral.

2- Obxectivos Do Servizo De Orientación Profesional

OBXECTIVO XERAL:

Dotar ó usuario de información, recursos e habilidades específicas que faciliten a súa inserción no mundo laboral.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

Axudar a que o demandante sexa consciente e coñeza as súas habilidades, recursos e experiencias có fin de potencia-los de cara a súa inserción no mercado laboral

Identifica- las demandas e necesidades reais de cada desempregado

Coñecemento do entorno do suxeto, as posibilidades laborais e a economía da zona, estimulando a creatividade e o autoemprego.

Potenciar a formación e educación a través da información sobre diferentes ofertas formativas.

Recoller, elaborar e difundir información sobre distintos aspectos relacionadas coa formación e o emprego

Información descentralizada da existencia do servizo, así como utilización, derivación e coordinación con outros posibles recursos.

Contactos constantes con empresas e particulares para ofertarlles traballadores que se axusten ó perfil solicitado.

Impulsar todo tipo de actuacións encaminadas a aumenta-la participación na comunidade e a inserción laboral

Conseguir o apoio financiero para unha posta en marcha efectiva do servizo e para a realización de diferentes programas

3- Accións Realizadas

O servizo de Orientación realiza entre outras as seguintes accións: 

- Avaliación do Perfil Curricular dos Demandantes.

Esta acción ten como obxectivo coñecer o perfil profesional dos demandantes de emprego e detección de carencias e necesidades formativas e laborais, mediante a realización dunha entrevista profesional e individualizada ós demandantes. 

- Recollida, Elaboración e Difusión de Información relacionada coa Formación –Emprego.

Mediante esta acción preténdese que os demandantes coñezan a situación do mercado de traballo da comarca e da provincia , motiva-lo usuario para a busca activa e potenciar a formación e a educación a través da información sobre diferentes ofertas formativas 
Isto realizase mediante a busca de información relacionada coa formación e o emprego, a través de distintas publicacións, na recollida e tratamento da mesma e no mantemento do punto informativo nos taboleiros do Patronato e na páxina web:
www. patronatobeiramar.org.

- Apoio e Seguimento na Procura de Emprego.

Esta actividade consiste en fomentar actividades que incidan no coñecemento de estratexias para a inserción laboral, resumíndose na planificación individual da busca activa de emprego, na elaboración e divulgación de material de apoio (cómo elaborar un currículo vitae, realización de cartas de presentación, de instancias), simulacións de entrevistas, rexistro de iniciativas de usuarios e na avaliación das accións desenvolvidas

- Desenvolvemento de Habilidades Persoais e Sociais.

Poñendo en marcha actuacións dirixidas a un aumento da autoestima e mellora de habilidades persoais e sociais.
Estas accións realízanse dun xeito individual e/ou colectivo en pequeno grupo, sendo programadas en función das necesidades detectadas polo servizo de orientación e en coordinación con entidades, institucións e centros da zona.

- Labores de Intermediación no Mercado de Traballo.

Tarefas de apoio á intermediación no mercado de traballo, que consisten principalmente na procura de traballadores que se axusten as necesidades das empresas que o solicitan.
Desde este servizo xestiónase tamén unha base de datos co perfil das persoas que pasaron por algún dos cursos do Patronato e que se pon a disposición das empresas que poidan estar interesadas na súa contratación.

4- Demandas

Demandas máis frecuentes

A información que o usuario do servizo de orientación demanda ou necesita é moi variada, en función da súa formación, experiencia laboral, situación persoal actual, entre outras.
Entre as demandas mais frecuentes destacamos as seguintes:
- Información sobre ofertas laborais e formativas semanais da comarca e arredores.
- Información sobre cursos para desempregados (formación ocupacional), cursos para activos (formación continua), formación on-line, cursos de asociacións, universidades, cursos monográficos, sobre todo os que se están impartindo ou están próximos a impartirse na Comarca do Morrazo e Vigo..
- Oposicións, listados de contratacións temporais da administración nacional, autonómica, provincial e local, de institutos privados.
- Orientación sobre estudios a seguir: módulos formativos, estudios universitarios, validacións de títulos, acceso a ciclos formativos, programas de garantía social.
- Axuda na realización de currículo vitae, cartas de presentación, cumprimentación de solicitudes, e preparación de documentación.
- Enderezos de empresas e información sobre ofertas de emprego
- Adestramento en habilidades sociais mediante simulacións de entrevistas de traballo e exercicios de asertividade.
- Información sobre recursos sociais, educativos, asistenciais, entre outros.
- Calquera outro relacionado con este servizo.

Por todas estas circunstancias, o Patronato se converte nun centro de referencia en accións de formación e emprego, ó que acoden moitas persoas da comarca do Morrazo en busca de información e asesoramento. Ademais engade ás accións de orientación as tarefas de intermediación no mercado de traballo, ofertando as empresas que o desexen, os traballadores que estas soliciten.

Deste xeito, pódese considerar a este organismo como centro de formación e promoción do emprego máis importante da comarca do Morrazo, tanto polos usuarios atendidos, os cursos organizados, e os alumnos que participan neles.