Novas

CM FP Dual de PEDRA NATURAL no IES Ribeira do Louro en Porriño ( con beca Feuga) .

O IES Ribeira do Louro en Porriño, nos informa dun novo Ciclo Medio de  Fp Dual  de  Técnico en Pedra natural,  único en Galicia.

Durante o periodo de formación na empresa o alumnado recibe 800 euros/mesuais a través das becas FEUGA.

Datos do CM FP: 

Ciclo Formativo Dual de Grado Medio de Pedra Natural 

Duración 2000 horas.

Requisito de acceso: Título da ESO, Fp básica ou equivalente.

Teléfono de contacto: 986 33 39 56

 Adxúntase cartel informativo 

Boletín Convocatorias, EMPREGO PÚBLICO,  do 3 ao 9 de XULLO 2024

Boletín Convocatorias, EMPREGO PÚBLICO,  do 3 ao 9 de XULLO 2024

O Ministerio de Facenda  e Función Pública  difunde semanalmente un boletín con información de convocatorias de emprego público da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas, da Unión Europea, de Organismos Internacionais e da Administración Local.

 ver documento adxunto

BOLETIN EMPREGO DA CEG (Confederación Empresarios de Galicia) do 1  de XULLO de 2024

BOLETIN EMPREGO DA CEG (Confederación Empresarios de Galicia) do 1  de XULLO de 2024

A  CEG (Confederación de Empresarios de Galicia)publica semanalmente un boletín con ofertas de emprego e formación.

As ofertas son de toda Galicia, incluíndo as da provincia de Pontevedra ( resaltadas  en amarelo) .

Tamén se inclúen ofertas de emprego público dos concellos, da Xunta,  etc e formación de interese

VER BOLETIN EN DOCUMENTO ADXUNTO

Listas de Contratación Temporal BOMBEIRO FORESTAL CONDUTOR DE MOTOBOMBA e  BOMBEIRO FORESTAL XEFE DE BRIGADA

Listas de Contratación Temporal BOMBEIRO FORESTAL CONDUTOR DE MOTOBOMBA e  BOMBEIRO FORESTAL XEFE DE BRIGADA

A Conselleria de Medio Rural da Xunta de Galicia publica convocatoria para listas de contratación temporal de BOMBEIRO FORESTAL CONDUTOR DE MOTOBOMBA e de BOMBEIRO FORESTAL XEFE DE BRIGADA

 . BOMBEIRO FORESTAL CONDUTOR DE MOTOBOMBA

 Requisitos específicos.

– Graduado en ESO o equivalente

– Carne de conducir C.

– Coñecemento do idioma galego Celga 3 ou equivalente

 

. BOMBEIRO FORESTAL XEFE DE BRIGADA

Requisitos específicos.

-Titulación de Técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos ou equivalente.

– Carne de conducir B.

– Coñecemento do idioma galego Celga 4 ou equivalente

-SISTEMA SELECCIÓN: fase concurso ( méritos) e probas físicas

-SOLICITUDES

as persoas que desexen participar neste proceso deberán cumprimentar e presentar debidamente cuberto o modelo de solicitude que figura como Anexo I ás bases, acompañado da documentación que se indica

PRAZO  cinco (5) días hábiles a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería do Medio Rural . ATA o 2  de xullo de 2024 (inclusive e nos lugares indicados no paragrafo anterior.

MAIS INFORMACIÓN : nos taboleiros de anuncios do Departamentos Territoriais da Consellería do Medio Rural, ao igual que na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios)

Tamén podes ver as bases nesta web abaixo en documento adxunto

 

Cursos Gratuitos On line ou Aula virtual para Persoas Ocupadas e Desempregadas Xullo 2024

A Academia Adams organiza formación gratuita, subvencionada polo Ministerio de Traballo e Economía, dirixida a persoas  ocupadas e desempregadas  de toda España que estén inscritos como demandantes de emprego ou traballadores do sector do curso .

Cursos que se inician en  agosto  ( modalidade mixta  e/ou aula  virtual )  : VER DOCUMENTO ADXUNTO

 

Contacto :Laura Bodas García . Tfo: 881 926 076 . Extensión: 50216

laurabodas@adams.es / www.adams.es

Cursos Preparatorios para os Certificados de Lingua Galega (CELGA) e Cursos de LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (LAG) Gratuitos. Escolas Oficiais de Idiomas (EOI)

CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA) E CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (LAG) GRATUITOS. ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS EOI

No DOG do Mércores, 26 de xuño de 2024, publicase a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega (LAG) e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga).

Cursos Gratuitos.

. cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e  superior en liña (Ver anexo I) ,

.  cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2024/25, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia ( Ver anexo II)

Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre febreiro e abril e/ou maio

Solicitudes e prazos de inscrición

cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

– Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre;

Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo (para os cursos de preparación á obtención dos Celga) e décimo primeiro (para os cursos de LAG) da presente resolución.

CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS CELGA

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga. Estas probas véñense convocando dúas veces ao ano pola Secretaría Xeral da Lingua e, de ser superadas, darán dereito á expedición dos correspondentes certificado por parte da Secretaría Xeral da Lingua

CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA

Persoas destinatarias dos cursos: Dirixidos a empregadas/os públicas/os da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o persoal sanitario

– EOI de Pontevedra.Teléfono: 886 15 91 16.

Correo electrónico: eoi.pontevedra@edu.xunta.gal

Datas de inicio e fin

Nivel Medio:  Outubro 2024-  Decembro 2024

Nivel Superior:  Febreiro 2025-  Maio 2025

EOI de Vigo.Teléfono: 986 26 02 10.

Correo electrónico: eoi.vigo@edu.xunta.gal

Datas de inicio e fin: 

Superior : Outubro 2024 -Decembro 2024

Medio:  Febreiro 2025- Maio 2025

 MAIS INFORMACION NO DOG QUE SE ADXUNTA

Charla gratuita On line sobre OPOSICIÓNS DE ADMINISTRATIVO/A PARA A SEGURIDADE SOCIAL  ( 2500 prazas)

Charla gratuita On line sobre OPOSICIÓNS DE ADMINISTRATIVO/A PARA A SEGURIDADE SOCIAL  ( 2500 prazas)

SEFORMA  organiza unha charla gratuita online sobre oposicions á Seguridade Social.

Data : MARTES DÍA 25 XUÑO ás  18 horas

Contacto- persoas interesadas:

.  anotarse  co nome,  apelidos, e número de teléfono no e mail: oposiciones@seforma.com (  ( asunto Charla oposición 25 de xuño)

. chamando ao tfo teléfono 986 22 22 15

. ou na sede de Seforma en Vigo na rúa Arenal 68.

Boletín Semanal PONTEEMPREGO  19 de XUÑO 2024 

Boletín Semanal PONTEEMPREGO  19 de XUÑO 2024 

 O  Concello de Pontevedra, a través do Proxecto Iles, publica semanalmente un boletín de ofertas emprego, formación, becas, etc.

Pode consulta o boletín abaixo en documento adxunto

BOLETIN EMPREGO DA CEG (Confederación Empresarios de Galicia) do 17  de XUÑO de 2024

BOLETIN EMPREGO DA CEG (Confederación Empresarios de Galicia) do 17  de XUÑO de 2024

A  CEG (Confederación de Empresarios de Galicia)publica semanalmente un boletín con ofertas de emprego e formación.

As ofertas son de toda Galicia, incluíndo as da provincia de Pontevedra ( resaltadas  en amarelo) .

Tamén se inclúen ofertas de emprego público dos concellos, da Xunta,  etc e formación de interese

VER BOLETIN EN DOCUMENTO ADXUNTO