Axudas á Xuventude para os os Permisos de Conducción Clases B, C e D

No DOG do Martes, 23 de xaneiro de 2024, a Consellería de Política Social e  Xuventude  da Xunta de Galicia, publica a convocatoria de axudas á xuventude para os os permisos de conducción clases B, C e D para el ano 2024 (código de procedimiento BS321A).

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes REQUISITOS na data de presentación da súa solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Non estar traballando por conta propia nin allea.

d) Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B, de 650 € para o permiso de clase C e de 1.300 € para o permiso de clase D.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e estará aberto ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible

A xustificación da axuda presentarase no prazo de 10 días hábiles contado a partir da notificación da resolución de concesión.

 MAIS INFORMACIÓN no Diario oficial de Galicia do  Martes, 23 de xaneiro de 2024