AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO CAP E PERMISOS DE CONDUCÍR PARA CONDUTORES/AS PROFESIONAIS

  • Axudas
  • Galicia

Publicaronse no DOG as axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de ampliación ou promoción, así como para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D

Máis info en: https://sede.xunta.gal/es/detalle-procedemento?codtram=IF310G

A partir día 19/05/2026

Resumo: Convocatoria de subvencións para paliar a escaseza de condutores/as profesionais no sector do transporte, facilitando o acceso á profesión mediante o financiamento de cursos e permisos de condución. DOG do 18 de maio de 2026.
Liñas de axuda e contías máximas:
Liña 1 (CAP): Ata 1.200 € para o curso de cualificación inicial (ordinaria ou acelerada) e 300 € para cursos de ampliación ou promoción.
Liña 2 (Permisos): Ata 1.200 € por cada permiso das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 ou D1+E. O máximo por varios permisos é de 2.400 €.
Requisitos das persoas beneficiarias:
Ser maior de idade e estar empadroado/a en Galicia desde antes do 31 de outubro de 2025.
Realizar a formación e os exames en centros autorizados (autoescolas ou centros CAP) situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Superar o curso CAP ou obter o permiso de condución dentro do período subvencionable.
Prazos importantes:
Prazo de solicitude: Desde o 27 de maio de 2026 (ás 9:00 h) ata o 30 de setembro de 2026 (ás 20:00 h).

Período subvencionable: Abrangue desde o 31 de outubro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026. Tanto o curso/permiso como o seu pagamento deben realizarse nestas datas.