
Concello de Moaña
BASES DE SELECCIÓN DE CINCO PERSOAS COMO PEÓNS/AS FORESTAIS PARA O SERVIZO
LOITA CONTRA INCENDIOS E LIMPEZA DE MONTES EN MOAÑA.
APROL RURAL 2025
As solicitudes para tomar parte nesta convocatoria, nas que as persoas aspirantes
manifestarán que reúnen todas e cada unha das condicións e requisitos esixidos,
dirixiranse á Alcaldesa da Corporación e presentaranse no rexistro xeral deste concello,
dende o día da publicación das presentes bases no taboleiro de anuncios do concello e na
súa sede electrónica ata o día 20 de xuño de 2025 ás 14:00 horas.