CONVOCATORIA PROBAS LIBRES DA ESO ( Graduado en Educación Secundaria)

CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO

No DOG do 13 de febreiro de 2023, publícase a convocatoria das probas Libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro(código de procedemento ED540A).

PRAZOS DE MATRÍCULA:

Para a convocatoria de MAIO, do 6 ao 16 de  Marzo de 2023

. Para a convocatoria de SETEMBRO, do 3 ao 10 de Xullo de 2023

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

LUGAR DE MATRÍCULA:

As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nos centros que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, entre outros:

En Pontevedra:

Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

 – Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmien­to, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.

En Vigo:

Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.

Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.

REALIZACIÓN DAS PROBAS

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 26 de MAIO e 1 de SETEMBRO de 2023 para as respectivas convocatorias

A sesión da mañá terá dúas partes:

Na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do AMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas,Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.

Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ÁMBITO SOCIAL , que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.

Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 h, realizarase a proba do ÁMBITO COMUNICACIÓN . Comprenderá os exercicios de: Lingua galega e literatura , Lingua castelá e literatura e  Lingua estranxeira (inglés ou francés).

 CUALIFICACIÓN GLOBAL DA PROBA

Os días 7 de xuño e 7 de setembro de 2023 no enderezo web http://www.edu.xunta.gal, farase pública a listaxe de cualificacións provisionais de cada unha das convocatorias

Contra a cualificación provisional, poderase presentar reclamación ante a presidencia do tribunal no prazo de cinco días hábiles tras a publicación da listaxe provisional.  

Transcorrido o prazo de reclamacións, elevarase a definitiva a listaxe de cualificacións que será publicada os días 16 de xuño e 15 de setembro de 2023 no enderezo web http://www.edu.xunta.gal.

As persoas para quen o tribunal determine que non procede a proposta de expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria conservarán para sucesivas convocatorias as cualificacións positivas obtidas no ámbito ou nos ámbitos superados nos termos de suficiente (5), ben (6), notable (7-8) e sobresaliente (9-10).

MAIS INFORMACIÓN NO DOG QUE SE ADXUNTA