Convocatoria selección 3 TITORES/AS DE EMPREGO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO PIE MOAÑA

BASES PARA A SELECCIÓN DE TRES PERSOAS TITORAS DE EMPREGO PARA O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE MOAÑA 2023/2024, COFINANCIADO POLA CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE.

Resumo das Bases: 

 POSTOS que se convocan son:

– 2 postos de titor/a de emprego con 10 meses de contrato.

– 1 posto de titor/a de emprego con 6 meses de contrato

REQUISITOS, entre outros, estar en posesión de titulación universitaria de grao ou equivalente

SOLICITUDES: ata o día 31 de xaneiro  de 2024.

LUGAR DE PRESENTACIÓN : preferentemente na sede electrónica do Concello de Moaña (https://concellodemoana.sedelectronica.gal/), tamén poderán presentarse no rexistro do Concello , ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/15 do procedemento administrativo común das administración públicas.

No caso de presentarse fóra do rexistro do Concello e da súa sede electrónica a persoa aspirante deberá dirixir por fax ao núm.: 986 310104, unha copia da instancia e documentación que presenta, con anterioridade ao remate do prazo, para os efectos de que poida ser incluído/a na relación de admitidos/as. No caso de non enviala por fax a persoa quedará automaticamente excluída

PROCESO SELECCIÓN: O procedemento constará de 3 fases; valoración de currículos, proba tipo tema e entrevista persoal.

1ª FASE : VALORACIÓN DE CURRÍCULOS: 40% da puntuación. Máximo 4 puntos.

2ª FASE: PROBA TIPO TEMA: 40% da puntuación. Máximo 4 puntos

3ª FASE: ENTREVISTA- EXAME ORAL. 20% da puntuación. Máximo 2 puntos

PRAZOS.

. Presentación de instancias: Ata o día 31 de xaneiro de 2024.

. Listaxe provisional de admitidos e excluídos e valoración provisional de currículos : Día 2 de febreiro.

. Período de alegacións a este listado: día 5 de febreiro.

. Listado definitivo de admitidos e valoración definitiva de currículos: Día 6 de febreiro

. Exame tipo tema e entrevista- exame oral: Día 7 de febreiro ás 9:00 horas na sala de xuntas do Concello. A programación deberá entregarse neste momento por todos os aspirantes.

. Publicación de resultados provisionais: Día 8 de febreiro ás 9:00 horas.

. Período de alegacións: Días 8 e 9 de febreiro.

. Publicación de resultados definitivos: Día 12 de febreiro

 

 MAIS INFORMACIÓN  NAS BASES QUE SE ADXUNTAN